Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Crédito ao consumo. Xuros abusivos

Deixa de pagar un crédito e o banco esixe o seu pagamento e o dos xuros de mora

  Unha persoa contratou cun banco un préstamo ao consumo por 9.015,18 euros, a pagar en 60 cotas mensuais de 176,39 euros a un TAE do 7,360%. Tres anos despois o cliente deixou de pagar as cotas, polo que o banco pechou a súa conta cun capital pendente de reembolsar de 4.419,70 euros. O banco demandou o cliente, que recoñeceu o non pagamento e a débeda. Pero o xuíz admitiu parcialmente a demanda e condenouno a pagar menos do reclamado por considerar que os xuros de mora aplicados polo banco eran abusivos. A Audiencia condenou ao titular do préstamo, en sentenza do 26 de abril do 2006, ao pagamento da cantidade restante á data de peche da conta, máis os xuros producidos dende esa data e ata o seu completo pagamento. Pero co límite que prevé a Lei 7/95, do 23 de marzo, de crédito ao consumo, cun xuro de mora non superior a dúas veces e media o xuro legal do diñeiro e impóndolle ao consumidor o pagamento dunha terceira parte das custas, e non a súa totalidade.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto