Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Ferramentas sociais
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Varias persoas contrataron un hotel de tres estrelas durante catro noites en Ibiza. A reserva fíxose por Internet, atendendo a unha publicidade sobre establecementos de tres ou catro estrelas. Aboaron anticipadamente 137,5 euros e os 451 euros restantes mediante a súa tarxeta American Express. Cando chegaron ao hotel asignáronlles un cuarto sen armarios nin televisor, e o restaurante e bar do hotel permanecían pechados por reforma. Ante esta situación abandonárono e esixiron que non se lles pasase ningún outro cargo á tarxeta. Pero este cargo realizouse e demandaron en xuízo á empresa de reservas, esixindo a devolución dos cartos. Á vista das probas, a Audiencia provincial de Baleares, en sentenza do 25 de maio do 2006, cualificou a publicidade realizada por esta empresa como enganosa. Por iso, declarou resolto o contrato e condenou a empresa de reservas a devolver o diñeiro pagado, máis xuros e custas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI