Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal
Ferramentas sociais
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
No 2005 merquei unha vivenda e asinei o contrato de compravenda, aínda que finalmente a escriturei o 4 de xaneiro do 2007. Gustaríame saber se é certo que os gastos de establecemento de acceso a subministracións xerais, como gas, auga, etc. non os paga o comprador e se isto se pode aplicar ao meu caso. Despístame que no orzamento xeral da comunidade apareza un apartado específico titulado "gastos de establecemento".
De acordo á Lei de mellora do consumidor, a compra dunha vivenda nova implica a obrigatoriedade de residir nela con todas as condicións técnicas e hixiénico-sanitarias necesarias para esta fin, sendo requisito imprescindible para a súa ocupación e sinatura de escrituras a concesión da cédula de habitabilidade. E para iso requírese a certificación acreditativa do abono dos enganches xerais do edificio, xa que sen ela as empresas subministradoras dos servizos básicos de gas, auga ou electricidade non poderán contratar co comprador da vivenda en calidade de usuario da subministración. Polo tanto, suxerímoslle que defenda estes criterios na xunta de propietarios co fin de non aprobar esta partida do orzamento xeral con cargo á comunidade e que acorden notificarlle ao vendedor por burofax que el é o responsable de pagar estes gastos. En caso de que a xunta xa o aprobase a pesar do seu voto en contra, pode iniciar unha reclamación de xeito individual ao vendedor.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI