Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A idade non é un factor de risco na condución, mais as persoas maiores de 65 anos deben adaptar os hábitos no automóbil ao seu estado de saúde
O avellentamento da sociedade tamén implica o avellentamento dos seus condutores. Na actualidade, un de cada dez ten máis de 65 anos, e as previsións indican que no 2020 esta cifra se duplicará. Para moitos automobilistas, as persoas de máis idade representan un perigo ao volante. Non obstante, cada un avellenta de xeito diferente, e a vellez non é incompatible coa seguridade vial. De feito, nin España nin os países da UE establecen límites á condución por idade. Segundo datos da DXT, menos do 5% dos implicados en accidentes de tráfico supera os 64 anos. Esta situación reflíctena as compañías de seguros, que non lles cobran recarga ningunha aos maiores de 65 anos, mentres que si o fan cos máis novos. As razóns que levan a que os maiores sufran accidentes están asociadas cunha diminución da capacidade psicofísica, normal no proceso de avellentamento.
Accidentes por redución da visión na condución nocturna. En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI