Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Sitios para compartir arquivos pesados por Internet: Enviar "toneladas" de información na Rede

O manexo de arquivos multimedia de gran tamaño require de servizos específicos para compartilos por Internet con rapidez

 A dixitalización chegou aos vídeos, ás películas, á televisión e mais á música. Practicamente todos os contidos se converten nunha restra de uns e ceros que os aparellos electrónicos (como os reprodutores de MP3, os decodificacores de TDT, as cámaras dixitais ou os teléfonos móbiles) copian e traducen para que os usuarios os usen. Iso fai que cada vez sexa máis común intercambiar arquivos de tamaños impensables hai uns lustros. O vídeo dunha voda ou as fotos dunhas vacacións poden ocupar centos de megabytes, un tamaño practicamente ridículo para a capacidade dos discos duros actuais, pero que se volve unha pesada carga se se quere compartir por Internet con amigos ou familiares afastados.

A ubicuidade e a accesibilidade da Rede fai que pareza anticuado pensar en empaquetar unha cinta de vídeo e enviala por unha empresa de mensaxería (que cobrará 30 euros de Oviedo a Cádiz e tardará non menos de 10 horas). Os usuarios queren que trasladar os vídeos, a música e as fotos sexa tan doado como enviar un correo electrónico de texto: gratis (se se conta coa conexión a Internet) e practicamente instantáneo. Pero non é o mesmo: remitir un correo electrónico que só conteña texto é algo simple e pódese facer ata coa conexión máis básica; achegar unha pequena foto nese mesmo correo, tamén; pero utilizar este mesmo método para facer chegar unha ducia de imaxes capturadas por unha cámara dixital (na que cada foto pesa varios "megas") é unha tolemia que de certo colapsará a conta de correo electrónioa do receptor.

Non serve o correo electrónico

A Rede non é unha autoestrada sen límites de carga de información. Enténdese que o envío dun correo electrónico con máis de dez "megas" (o que ocupan unhas poucas fotos, un par de cancións ou un vídeo de poucos segundos) é de mala educación. Pode que o noso provedor de correo electrónico nolo permita, e que nós contemos cunha conexión rápida e eficiente, pero, tena o receptor? Se non é así, co envío, máis ca un favor, xeramos un problema.

Para evitalos, requírense canles e métodos especiais, que permiten mover grandes cantidades de información cunha axilidade razoable. Nestes casos, o interesante é que mentres se realiza o envío, ao usuario lle quede ancho de banda abondo para facer outras cousas na Rede, como navegar cunha mínima comodidade. Na actualidade, o usuario dispón, en esencia, de dúas tecnoloxías que permiten o envío de grandes arquivos por Internet: os sistemas de amigo a amigo (P2P) e a relación cliente-servidor.

Derivados do P2P

P2P coñécese á tecnoloxía que utilizan sistemas como Emule e BitTorrent, moi utilizados para compartir todo tipo de arquivos de imaxe, vídeo e son. Se ben adquiriron sona por permitiren trasladar películas e discos, o certo é que son sistemas excelentes para compartirmos cos nosos coñecidos os nosos propios arquivos. Coa tecnoloxía P2P desenvolvéronse programas tan populares como Pando (unha adaptación de Bittorrent), que permite o envío gratuíto e sinxelo de arquivos pesados (ata un xigabyte, 1.000 "megas") entre dúas persoas coñecidas. Con este programa, enviar arquivos inmensos é tan doado como remitir un correo ou copiar un enlace nun programa de mensaxería instantánea. Con Pando e unha ADSL convencional, pódense enviar 100 "megas" en pouco máis de media hora.

O navegador Firefox dispón dunha ampliación das súas utilidades que se pode descargar da súa páxina principal e que tamén permite crear canles específicas entre usuarios que utilicen este navegador para intercambiar arquivos de gran peso. Chámase AllPeers, e ten o único inconveniente de que frea a velocidade do funcionamento xeral do navegador, pero a velocidade de transferencia de arquivos é óptima.

O servidor intermediario

A vella relación entre os propietarios das páxinas web e o seu servidor (un ordenador de gran capacidade conectado á Rede onde se almacenan os contidos das devanditas páxinas) deu lugar a numerosos servizos de intercambio de arquivos pesados. Trátase de que o usuario envíe ao servizo os arquivos que desexa compartir. Unha vez almacenados no servidor, o destinatario recibe unha mensaxe para baixalos ao seu ordenador.

As vantaxes desta tecnoloxía son que nas súas versións gratuítas os servizos permiten o envío de volumes de información moito maiores ca no P2P e a unha velocidade moi razoable. Por exemplo, o servizo Badongo chega a permitir o envío gratuíto de ata 12 gigabytes ao día, aínda que a velocidade limitada. Outros non son tan xenerosos: GigaSize permite 1,5 gigabytes de modo gratuíto, Megaupload limita o envío a 500 megabytes (0,5 gigabytes) e RapidShare, ao igual ca Yousendit, a 100 megabytes.

Para facer un uso pleno do servizo e en grandes volumes, ou ben hai que pagar ou ben hai que ver publicidade. As tarifas varían segundo o servizo. Así, mentres en Badongo se pagan 9,99 dólares para poder enviar ata 12 xigabytes a velocidade óptima e sen ver publicidade, en YouSendIt o prezo para poder enviar arquivos de ata 2 xigabytes de modo ilimitado é de 29,99 dólares ao mes. En GigaSize páganse 5,49 euros ao mes para un máximo de 2 xigabytes por arquivo e sen publicidade. Estes servizos adoitan esixir que os arquivos compartidos sexan de índole privada, é dicir, prohiben os discos de artistas con copyright ou as películas comerciais.

En calquera caso, o envío de arquivos multimedia non é instantáneo e obriga a deixar aceso o equipo informático mentres se produce o envío. E cando se trata de arquivos enormes, non sempre compensa.

As boas maneiras en Internet

 

Internet, como se fose o máis selecto dos clubs británicos, tamén ten as súas normas de etiqueta, regras non escritas que axudan a mellorar a convivencia entre os internautas. No tocante ao correo electrónico, as boas maneiras (máis coñecidas como "netiqueta") non cambiaron moito en dez anos: usar maiúsculas segue sendo berrar; mandar HTML en lugar de texto plano (é dicir, emails con grosas, cores ou imaxes de fondo) segue sendo innecesario e mesmo groseiro, e cada vez máis persoas se molestan cando lles chega un correo masivo sen protexer a súa privacidade usando a copia oculta e expoñendo polo tanto a súa dirección aos difusores de "spam" (correo electrónico non desexado). Pero, entre todas, a máis molesta é o envío de inxentes cantidades de datos (xeralmente, presentacións en powerpoint, vídeos ou imaxes), xeralmente non solicitados, e que saturan as caixas de correo electrónicas. Por iso é importante coñecer os servizos alternativos de envío de arquivos multimedia.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto