Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 350 caixeiros automáticos de 16 entidades bancarias e enquisados 1.753 usuarios: Os caixeiros automáticos seguen a fallar en seguridade e accesibilidade para minusválidos

As terminais ofrecen máis operacións e servizos, así como máis información ao usuario. Non obstante, a accesibilidade para minusválidos é deficiente e as comisións por uso doutras redes chegan aos 3,01 euros

Sacar cartos pode resultar caro

No 83% das operacións de reintegro realizadas en entidades das que o técnico non era titular, este tivo que pagar un custo engadido, en concreto, entre 0,45 euros e 3,01 euros. As comisións por sacar en terminais de diferente entidade pero da mesma rede son notablemente menores ás que se pagan ao extraer diñeiro en máquinas pertencentes a unha rede diferente. Os técnicos que sacaron diñeiro con tarxetas de Bankinter, Banco Santander e CAN non tiveron que pagar ningún custo adicional por operar en entidades diferentes pero da mesma rede. Non obstante, ante a mesma situación os clientes do resto de entidades tiveron que facer fronte a comisións que van dende os 0,45 euros ata os 0,65 euros.

No reintegro en caixeiros de distinta rede, as comisións foron máis caras ca as dos casos anteriores, agás na BBK, que cobran 0,50 euros sempre que se opere nun caixeiro que non sexa da caixa, independentemente da rede á que pertenza. Ao cliente do Banco Santander tamén se lle cobra 0,50 euros por sacar diñeiro dunha terminal que non é de 4B. Aos técnicos que utilizaron a tarxeta da CAM e de Unicaja nun caixeiro que non era de Euro 6000 cobráronlles unha comisión de 0,80 euros e 1,50 euros, respectivamente. Os usuarios de Kutxa, Ibercaja e Caja Laboral tiveron que facer fronte a un custo adicional de 1,80 euros por extraeren cartos de terminais dunha rede diferente.

Pola súa banda, os clientes de Bankinter, CAN, Caja Sol e Caja Madrid pagaron 2,40 euros máis por obteren efectivo de terminais dunha rede distinta á destas entidades e no caso dos clientes de Caja Vital esta cifra ascendeu a 2,50 euros. Ao técnico de La Caixa cobráronlle 2,90 euros por realizar un reintegro nun caixeiro que non era de Servired. Esta cantidade chegou a ser de tres euros con tarxetas do BBVA e do Banco Popular en máquinas dunha rede diferente. A comisión máis cara de todo o estudo foi de 3,01 euros, e cobráronlla ao cliente de Caixa Galicia por extraer efectivo en caixeiros que non eran de Euro 6000. Mención á parte merece o feito de que o cliente do Banco Popular tivo que pagar unha comisión de 0,60 euros en tres caixeiros do seu propio banco, situados dous deles en Málaga e un en Torremolinos.

Non só para sacar cartos

Recargar o teléfono móbil é posible en máis de nove de cada dez terminais. Entre as operacións meramente financeiras a posibilidade de ingresar diñeiro está presente no 63% dos caixeiros analizados, aínda que en ningún de Bankinter nin de Caja Laboral, igual que acontecía na maioría da CAM e de Unicaja. Realizar transferencias a contas da mesma entidade ofrecíase en seis de cada dez máquinas (en ningunha de Bankinter, Caixa Galicia e a CAN). O pagamento de recibos, transferencias a outros bancos e a recarga da tarxeta moedeiro son operacións que se podían efectuar na metade das terminais do estudo. O ingreso e o cobramento de cheques son operacións moito menos comúns, e só están dispoñibles no 32% e no 12% dos caixeiros analizados no país, respectivamente. Por outra banda, en unha de cada catro terminais o usuario xa pode pagar impostos municipais.

Pero as posibilidades de uso dos caixeiros non rematan aí. Por exemplo, nalgunhas terminais de Bankinter, a CAM ou La Caixa, o cliente pode adquirir lotaría. Tamén é posible consultar prezos de saída de poxas de Monte Piedad en máquinas de La Caixa, así como nalgunhas de Bankinter, da CAN e de Ibercaja. Realizar unha reserva nun hotel, introducir o currículo para buscar emprego, inscribirse na universidade, buscar piso ou contratar un seguro de viaxe xa é posible facelo nalgunhas terminais. As entidades máis innovadoras son novamente Bankinter e a CAM, xunto con Caja Vital e o BBVA.

Obter entradas para diferentes eventos como concertos, cinema, ópera, deportes, teatro, museos, etc. era impensable hai algúns anos sen ter que agardar interminables colas, en cambio, actualmente grazas aos caixeiros, esta operación pódese facer nalgúns minutos. Cinco das 16 entidades do estudo (a BBK, Caja Madrid, Ibercaja, La Caixa e Unicaja) xa incorporan esta posibilidade nas súas terminais. Chama a atención que mesmo se pode conseguir tíckets para acudir a feiras e parques, e mais que en La Caixa sexa posible realizar donativos a través das súas máquinas.

Caixeiros en bo estado

A conservación e limpeza dos caixeiros é mellorable. No 12% das máquinas atopáronse papeis, lixo ou outro tipo de residuos. Os máis limpos: os de BBK, Kutxa, Banco Popular, Caja Laboral, CAN e Ibercaja. Pola contra, os que presentaban un estado máis desagradable eran os de Unicaja (o 45% estaban porcos) e os de Caja Madrid (tres de cada dez). No 16% das terminais non se detectou a presenza de papeleiras e nas que había, unha de cada catro estaba chea. Ademais, en case un de cada dez caixeiros automáticos había lámpadas fundidas, feito que o técnico constatou na metade dos de Caja Vital e en dous de cada dez de BBK e Caja Laboral. No tocante ao teclado e á pantalla das máquinas expendedoras de efectivo, no 11% estaban porcos, proporción que nos de Caja Vital se eleva á metade e no caso de Banco Popular ao 20%.

TÁBOA COMPARATIVA

Os caixeiros automáticos a exame
Entidades visitadas Información ao usuario (1) Estado de limpeza e conservación (2) Accesi- bilidad e (3) Segur- idade (4) Servizos e operacións (5) Valoración Global (6)
Banco Popular Ben Aceptable Mal Aceptable Ben Aceptable
Bankinter Ben Moi Ben Mal Aceptable Ben Aceptable
BBK Moi Ben Moi Ben Ben Ben Moi Ben Moi Ben
BBVA Aceptable Ben Mal Ben Moi Ben Aceptable
BSCH Aceptable Aceptable Muy Mal Aceptable Ben Aceptable
Caixa Galicia Aceptable Ben Mal Aceptable Ben Aceptable
Caja Laboral Aceptable Moi Ben Mal Aceptable Ben Aceptable
Caja Madrid Ben Aceptable Mal Aceptable Ben Aceptable
Caja Vital Kutxa Ben Aceptable Muy Mal Aceptable Moi Ben Aceptable
Cajasol Moi Ben Ben Mal Aceptable Ben Aceptable
CAM Ben Ben Regular Ben Moi Ben Ben
CAN Aceptable Moi Ben Mal Ben Ben Aceptable
Ibercaja Aceptable Moi Ben Regular Ben Ben Ben
Kutxa Aceptable Ben Muy Mal Aceptable Moi Ben Aceptable
La Caixa Aceptable Ben Regular Ben Moi Ben Ben
Unicaja Moi Ben Ben Regular Ben Moi Ben Ben
Media Aceptable Ben Mal Aceptable Ben Aceptable

(1) Información ao usuario: analizouse a información ao usuario en carteis e paneis no exterior do caixeiro e mais na pantalla da máquina (enderezos dos caixeiros máis próximos, rede coa que funciona, información sobre o cobramento de comisións, teléfonos de cancelación de tarxetas, etc.). Tamén se tivo en conta que os datos dos comprobantes que dispensaron os caixeiros despois de realizar as xestións fosen suficientes e correctos.

Estado de limpeza e conservación: comprobouse o estado de mantemento e limpeza do exterior do caixeiro e do habitáculo en terminais interiores, amais da presenza de papeleiras. Igualmente, púxose atención na limpeza das máquinas e na conservación do teclado e a pantalla (rabuñadas, pintadas, queimaduras e lixo).

(3) Accesibilidade: valoráronse aspectos relacionados co grao de adaptación dos caixeiros para persoas con minusvalidez física, auditiva e visual, como a altura do caixeiro, os accesos e o espazo do habitáculo en terminais interiores, a información e teclado en braille e dispositivos sonoros. Analizouse a posibilidade de cambiar o contraste e cor da pantalla das máquinas, así como o tamaño dos carácteres.

(4) Seguridade: observáronse dispositivos de apertura con banda magnética e sistemas de peche de portas en caixeiros interiores, así como a presenza de cámaras de videovixilancia. Tamén se valoraron aspectos como dispositivos que informen da retirada da tarxeta e dos cartos e da precaución do risco de marcar a clave diante doutras persoas.

(5) Servizos e operacións: analizáronse as operacións de reintegro de cartos, consulta de últimos movementos e consulta de saldo. Comprobouse se se poden realizar, se a máquina dispensa comprobante, a calidade dos billetes e a posibilidade de cancelar a operación, entre outros aspectos. Do mesmo xeito, valoráronse os servizos adicionais que ofrece o caixeiro, tales como o ingreso e cobramento de cheques, a realización de transferencias, recarga do móbil, compra de entradas, etc.

(6) Valoración global: nota media final dos 5 apartados anteriormente sinalados.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto