Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 350 caixeiros automáticos de 16 entidades bancarias e enquisados 1.753 usuarios: Os caixeiros automáticos seguen a fallar en seguridade e accesibilidade para minusválidos

As terminais ofrecen máis operacións e servizos, así como máis información ao usuario. Non obstante, a accesibilidade para minusválidos é deficiente e as comisións por uso doutras redes chegan aos 3,01 euros

 A cita co caixeiro automático xa forma parte da rutina semanal dos españois. Segundo as estatísticas, introducen a súa tarxeta e teclean o código de acceso unha vez cada cinco días nalgunha das 58.000 unidades distribuídas polo país (só Xapón ten un maior número de caixeiros por habitante). Millóns de operacións e, sobre todo, millóns de euros rexístranse a diario en terminais nas que a seguridade debe ser clave. Ou, polo menos, debería, porque os resultados dun estudo realizado por CONSUMER EROSKI constatan que a marxe de mellora é considerable, como o é tamén na deficiente accesibilidade para as persoas con algún tipo de minusvalidez.

Para avaliar este servizo visitáronse 395 caixeiros automáticos, dos que 350 pertencen a 16 entidades diferentes (Banco Santander, BBVA, La Caixa, Banco Popular, BBK, Caja Vital, Cajasol, Caixa Galicia, Caja Laboral, CAM, Kutxa, Unicaja, Caja de Ahorros de Navarra, Bankinter, Ibercaja, Caja Madrid). O resto corresponde a bancos que non forman parte do informe, se ben se visitaron co fin de coñecer as comisións que se lles cargaban aos clientes que operaron con tarxetas das entidades do estudo.

Se se comparan os resultados obtidos neste informe cos dun similar publicado por CONSUMER EROSKI no 2003, pódese afirmar que os caixeiros automáticos experimentaron unha mellora, aínda que lastrada polas relevantes carencias en accesibilidade e seguridade. Neste último apartado, tres de cada dez caixeiros suspenderon a proba á que se someteron (proporción superior á de catro anos atrás, que roldaba o 20%). Pola contra, os avances foron notables no aumento de operacións e servizos dispoñibles nos caixeiros, a información que se lle ofrece ao usuario (os suspensos pasaron do 43% ao 26%) e o estado de conservación e limpeza. Ademais, os usuarios amósanse, en liñas xerais, satisfeitos co servizo que reciben. Así o indican os resultados dunha enquisa realizada a 1.735 clientes das 16 entidades, que inciden na carestía dos reintegros noutras entidades ou redes de caixeiros (as comisións ascenden ata os 3,01 euros) e a seguridade como os seus principais motivos de queixa. Por entidades, os únicos caixeiros que superaron con folgura (un "moi ben" de cualificación global, e únicos que aprobaron en accesibilidade) o exame de CONSUMER EROSKI son os de BBK. CAM, Ibercaja, La Caixa e Unicaja lograron un "ben" para os seus caixeiros automáticos, mentres que as outras 11 entidades quedaron nun mediocre "aceptable".

Os usuarios quéixanse das elevadas comisións e da falta de medidas de seguridade

Co fin de coñecer o nivel de satisfacción dos usuarios de caixeiros automáticos foron enquisados 1.735 clientes das 16 entidades do estudo. A maioría deles amósanse satisfeitos co servizo que ofrecen os caixeiros, aos que a metade cataloga como "modernos". Sete de cada dez usuarios define como boa a rapidez para efectuar operacións e mais a facilidade para entender os extractos que dispensan. Así e todo, máis da metade dos clientes opina que non hai unha boa dispoñibilidade de cambios nas terminais (os peor valorados son os de BBVA, Caja Laboral, Kutxa e a Caja Vital).

A satisfacción desaparece cando se lles pregunta aos usuarios sobre as comisións que se cobran nos reintegros. O 68% considera que son excesivas (máis do 90% dos de Caja Laboral, Kutxa e Bankinter). Entre os motivos de queixa tamén se atopa a seguridade, un elemento clave nos caixeiros. Un de cada tres usuarios denuncia que os caixeiros non contan con medidas suficientes.

As incidencias no uso dos caixeiros son frecuentes: o 84% dos enquisados atoparon nalgunha ocasión a terminal fóra de servizo. Así mesmo, o 68% dos enquisados sinalou que nalgunha das ocasións en que intentou operar nun caixeiro non realizou certas operacións. Ademais, a case a metade dos preguntados (ao 46%) tragoulles a tarxeta nalgunha ocasión. Dous de cada tres usuarios manifestaron que utilizaran caixeiros que non daban comprobante da operación realizada.

Como xa se comentou ao longo do informe, os cidadáns utilizan principalmente os caixeiros para sacar diñeiro (todos os enquisados realizan esta operación a miúdo). Entre as operacións máis habituais séguena a consulta de saldo e de últimos movementos e mais a recarga do teléfono móbil (o 87%, o 77% e o 30% dos enquisados, respectivamente, afirmaron realizalas habitualmente). Non obstante, só o 17% dos usuarios acode ás terminais para realizar ingresos, o 14% para pagar recibos, o 12% para facer transferencias e unicamente un de cada dez para cobrar cheques, talóns ou obrigas de pagamento e recargar a tarxeta moedeiro.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto