Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Pólizas dentais: Dentes sans con franquía

Os seguros dentais poden supoñer un aforro entre o 40% e o 50% respecto ás tarifas dos dentistas convencionais

 A boca está a deixar de ser a cinsenta da nosa saúde. A preocupación por contar cunha dentadura sa e esteticamente perfecta vaise asentando aos poucos entre a cidadanía. Así e todo, as diferenzas con outros países europeos son aínda notables. As causas: a falta de conciencia de que o sorriso non é só unha cuestión estética, unida ao medo á dor e á carestía dos servizos dentais. Ter que pagar, e moito, por coidar a boca nun país no que o cidadán está afeito a que a sanidade sexa gratuíta é determinante no descoido das citas coas consultas de odontoloxía. As pólizas dentais que ofrecen algunhas aseguradoras amortecen en boa medida ese gasto e permiten acceder a todo tipo de probas diagnósticas e mais a tratamentos preventivos e de odontoloxía a uns prezos bastante axustados.

Practicamente a totalidade dos produtos dentais que se comercializan baséanse nunha cota mensual ou anual e nun custo determinado das distintas intervencións que sexan necesarias (o que as aseguradoras denominan franquías), e contrátanse de dúas maneiras: como póliza independente ou como "regalo" cando se subscribe unha cobertura de asistencia sanitaria. No primeiro caso o custo mensual oscila entre 5 e 10,81 euros. Se se trata dun complemento dun seguro xeral de saúde, o "regalo" pode custar ata 7,21 euros ao mes por persoa, logo do pagamento, iso si, da correspondente cota do seguro sanitario.

A cambio, ofrecen extraccións, limpezas, consultas ou revisións gratuítas, e un aforro nos tratamentos franquiados de ata o 50% con respecto ao prezo medio do mercado. Polas características do risco que cobren, e a diferenza dos seguros de saúde de índole xeral, os dentais non establecen diferenzas entre sexos na aplicación das súas primas, non teñen período de carencia, nin "penalizan" con cotas máis elevadas aos asegurados de máis idade, sempre e cando se contraten como pólizas independentes. A única variable que inflúe nas tarifas que algunhas aseguradoras (Oral Prima, Adeslas, Asisa e Mapfre) lles cobran aos seus clientes é o lugar de residencia. E todas elas lles ofrecen pólizas gratuítas aos menores de entre 5 e 15 anos, sempre que se subscriba un adulto.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto