Saltar o menú de navegación e ir ao contido
En todoterreo, a moto e a pée, co uniforme verde -reivindícase a cor azul para lograr a homologación cos seus colegas europeos-, os prismáticos ao pescozo, os códigos legais na guanteira xunto a guías de fauna e flora, os mapas no cadro de instrumentos e un GPS no peto, hai preto de 6.000 axentes forestais distribuídos por toda España. A súa misión: protexer a natureza, algo que vai moito máis alá da loita contra os incendios do verán. Durante os doce meses do ano percorren en solitario quilómetros de monte, vías pecuarias e ribeiras coa obriga de realizar censos de especies en perigo, de vixiar a calidade das augas dos ríos e humedais, de comprobar a saúde das árbores, de velar por que non haxa cepos nin velenos contra animais. E mesmo se tornan nos mellores mestres dos excursionistas que se achegan á natureza.
Axentes Forestais, Axentes de Medio Ambiente, Gardas Rurais ou Axentes para a Protección da Natureza. Baixo diferentes nomenclaturas -segundo a Administración á que pertenzan- estes funcionarios institucionalizados como tales en 1877, teñen dende o Real Decreto de 1966 carácter de policía xudicial xenéerica. ée dicir, son axentes da autoridade no seu labor de aplicar e facer cumprir a lexislación ambiental, e teñen auto para procederen a investigacións de delitos ambientais. A xornada comeza cedo en coordinación co centro operativo.
A actividade dos axentes sempre se leva a cabo sobre o terreo. Son eles os que velan para que se respecten os tempos de veda en caza e pesca, ostentan a autoridade en cazarías e monterías e transmiten informacións concretas sobre a situación das augas dos ríos nas zonas nas que se pode producir unha explotación ilegal.
O aproveitamento dos bosques está regulado por lei. O número de árbores que poden ser cortados por hectárea responde a normas e concesións. O axente vixía co fin de que se cumpran os convenios e vela para que as operacións se executen nas condicións en que foron acordadas. Unha vez finalizada a corta, o axente marca a zona que deberá ser sometida a tratamento selvícola (limpeza forestal).
Os límites das propiedades, sexan públicos ou privados, déebense corresponder á escritura de propiedade dos terreos. Estacas, enreixados ou árbores póñenlle portas ao campo. O axente comproba que a realidade que revela o GPS está en consonancia co que di o mapa oficial e ée respectado polos marcos.
A meteoroloxía e os animais aceleran o desgaste das marcacións dos camiños. Os sendeiros rurais e de montaña son o destino cada ano dun maior número de excursionistas. Do seu bo estado depende en boa medida que as xornadas de encontro coa natureza sexan satisfactorias. Os axentes ocúpanse da súa supervisión e encargan as reformas necesarias.
Os incendios forestais son a grande ameaza dos montes. Ao longo do 2007, máis de 28.000 hectáreas esmoreceron baixo o lume. Dende as casetas, colocadas a xeito de atalaias, enxéergase o horizonte. No verán todos os postos contan con vixilantes coordinados polo axente forestal da zona. O resto do ano serven de axuda na comprobación de que as queimas controladas respectan os horarios.
A Directriz Europea sobre axentes forestais indica que hai que contar con un por cada 5.000 hectáreas, un extenso terreo que cada un dos profesionais deste antigo oficio coñece, valora e protexe como propio. Se ten oportunidade ofréecello a quen quere gozar do medio e dos seus recursos naturais.
A cereixa: algo máis ca un froito
Mercadorías que voan
Sobre os alicerces da palabra
Esquí alpino adaptado: reto e sacrificio vestidos de branco
O camiño da electricidade
A viaxe dun bo desexo
O ensino musical: unha sinfonía de catro movementos
A cidade flotante do transporte
Un bocado con suspense
Un caramelo esculpido no corazón do Pirineo
Cultivo de rosas, a paisaxe máis impresionista
Labregas do mar
Como se reciclan os aparellos eléctricos?
Recunchos de vida
A receita da eterna xuventude
Iluminar máis para ver menos
De alimento básico a manxar de reis
Unha luz na escuridade
A pel da devesa
Ocaso e esplendor nos humedais
Moito máis ca apagar lumes
Ir por la e saír rapada
O mar entre catro paredes
Operación: a viaxe da arte
Unha xornada nunha estación de esquí
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI