Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Sufrir polos tendóns

A idade e os esforzos excesivos castigan as unións dos músculos cos ósos a xeito de lesións dolorosas e que poden carrexar molestias crónicas

 Dor no ombreiro, no antebrazo ou nos pulsos. Ou se cadra no xeonllo ou nos talóns. Non hai, aparentemente, unha causa que o xustifique non sendo un sobreesforzo que non lembramos ou a repetición acumulada durante longo tempo de movementos idénticos. Unha tendinite, inflamación dolorosa dun tendón, será a causa máis probable.

A explicación habitual para unha tendinopatía é unha sobrecarga que supera os límites de resistencia física dun tendón. Diagnostícanse así a maior parte de inflamacións, desgarros e roturas de tecido corporal que gardan relación cos tendóns e que adoitan verse favorecidas polos procesos dexenerativos que se dan co paso dos anos. A orixe máis común é a aplicación de cargas intensas cos músculos contraídos e cos tendóns en tensión, ou a repetición de cargas menores durante longos períodos de tempo.

Formados principalmente por fibras de coláxeno (proporcionan resistencia) e por elastina (elasticidade), os tendóns teñen como función principal manter unido o músculo co óso. Cando se alcanzan os 30 anos de idade, os tendóns comezan a perder elasticidade por cambios dexenerativos e experimentan unha diminución á resistencia que os fai máis susceptibles a roturas aínda con cargas normais. É por este motivo que a partir desta idade as tendinites son máis frecuentes.

Lesións máis comúns

  •  Ombreiro doloroso. A causa máis frecuente é a tendinite do supraespiñoso, músculo que eleva o brazo. Neste movemento, o tendón deslízase e padece rozamentos frecuentes que o acaban danando e causando dor. Se se padece unha artrose a este nivel, moi frecuente en homes a partir dos 50 anos, o problema empeora.
  •  Tendinite no pulso. A tenosinovite estenosante de De Quervain, que afecta ás vaíñas do tendón separador longo e do extensor curto do polgar, adoita darse pola realización de tarefas manuais repetitivas. Aparece dor e inchazo na parte externa do pulso, á altura do polgar, e a dor, que pode irradiar polo antebrazo, exacérbase cos movementos de separación do polgar. O tratamento consiste en repouso, frío local en sesións de 10 a 15 minutos, tres ou catro veces ao día, e uso de correas especiais no pulso. En casos severos pódese recorrer á infiltración ou mesmo á intervención cirúrxica.
  •  Dedo en resorte. Tenosinovite estenosante dos tendóns flexores dos dedos da man, que afecta a persoas que realizan tarefas manuais que leven consigo traumatismos reiterados sobre a palma da man, como o que realizan carniceiros ou pasadoras do ferro. Pode afectar a un ou varios tendóns e ás veces pálpanse nódulos na palma. O dedo queda bloqueado en flexión e pode ser moi doloroso.
  •  Tendón rotular. Lesión frecuente entre ciclistas e saltadores. Tamén se dá en persoas con desviación de rótula e naquelas que realizan algún esforzo intenso e teñan unha musculatura da coxa (cuádriceps) débil. A inflamación deste tendón, situado debaixo da rótula, produce unha dor que se exacerba ao dobrar ou endereitar a perna. Esta lesión é resistente á curación e amosa tendencia a se tornar crónica.
  •  Tendón de Aquiles. Este potente tendón ten como misión flexionar o pé e participar na flexión do xeonllo. Desviacións axiais do talón, pés cavos ou planos, calzado inadecuado, exercicio excesivo sobre superficies duras ou estiramentos incontrolados son algúns dos factores que predispoñen a padecela. O principal síntoma é a dor insidiosa pola mañá ao dar os primeiros pasos e que parece diminuír paulatinamente coa marcha, pero que volve con maior intensidade durante e despois da actividade física. Co tempo, a dor faise constante e máis intensa. A estrutura do tendón vaise alterando e van aparecendo roturas parciais que en fases avanzadas poden provocar rotura completa. O tratamento é complexo: repouso, antiinflamatorios, ultrasóns, crioterapia, electroestimulación e electroacupuntura.

Pódense previr as tendinites?

Os tendóns non teñen moitos vasos sanguíneos (están pouco vascularizados), fenómeno que dificulta a curación espontánea e que favorece a aparición de lesións crónicas. De aí que sexa importante tomar medidas preventivas axeitadas. Por exemplo, evitar sobreesforzos, efectuar un quecemento axeitado antes de comezar unha actividade deportiva ou laboral, realizar pausas durante a xornada laboral, potenciar axeitadamente a musculatura, practicar exercicios de estiramento e relaxación ou unha boa hidratación. E se aparecen molestias notables ou dor, hai que consultar o facultativo. El decidirá se convén iniciar algún tratamento.

Un tratamento precoz a base de repouso relativo da zona afectada, terapia alternante de calor (ao inicio a actividade) e frío (ao final da actividade) xunto con antiinflamatorios locais poden evitar que o problema se cronifique. E, sobre todo, unha vez desaparecidos os síntomas é aconsellable agardar un tempo prudencial para retornar a actividade habitual.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto