Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un usuario demandou a unha compañía aérea pola subtracción de efectos valiosos, como xoias e as chaves do seu coche, dun bolso que facturou nun voo Madrid-Alacante. En primeira instancia, o Xulgado do mercantil admitiu a demanda, pero reduciu a indemnización dos máis de 2.300 euros solicitados a 856 euros, por aplicación das limitacións do Convenio de Montreal en caso de perda de equipaxe. O usuario apelou por considerar que non debía operar tal limitación, por estar referida á "perda" da equipaxe e non á subtracción de obxectos. A Audiencia de Alacante fallou en sentenza do 29 de setembro do 2006 a favor do usuario, condenando a compañía aérea a indemnizar co valor do subtraído, sen limitacións, máis 500 euros por dano moral. Para a Audiencia, o feito de subtraer do peto pechado dunha maleta facturada obxectos de valor é unha conduta plenamente dolosa que vai máis alá do dano material.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI