Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Unha persoa quérese divorciar e recuperar os cartos doados pola súa nai para a compra dunha vivenda

A miña nai deixounos á miña muller e mais a min uns cartos para mercarmos a nosa casa. Asinamos os tres un documento privado no que se di que eses cartos corresponden á cuarta parte do prezo da vivenda e que cando ela faleza ese diñeiro quedará como parte da miña herdanza. Tamén consta que, se vendemos a casa, estamos obrigados a lle devolver os cartos. A casa está escriturada como ben ganancial e a miña pregunta é que pasos habería que dar para recuperar ese diñeiro en caso de divorcio.

 A nai da persoa afectada realizou unha doazón sometida á condición de que ante a venda da vivenda, os beneficiarios estarían obrigados a devolverlle o diñeiro, de modo que se a condición se cumpre porque venden a casa, a súa nai estaría en posición de esixir a devolución. Tamén entendemos que os cartos que recibiron son gananciais e en caso de divorcio a casa pertence ao 50% a cada cónxuxe, salvo que logre un acordo noutro sentido. Se se considerase que o diñeiro lle foi doado exclusivamente a vostede, as cousas cambian, xa que o Código Civil di que os bens adquiridos mediante prezo en parte ganancial e en parte privativo corresponderán á sociedade de gananciais e ao cónxuxe en proporción ao valor das súas respectivas achegas. É dicir, unha cuarta parte da vivenda sería súa con carácter privativo e o resto, ganancial.

A cuestión non parece sinxela e nun procedemento xudicial de liquidación da sociedade de gananciais por divorcio tería que defender e acreditar que o diñeiro doado o foi só ao seu favor e que o diñeiro era, por iso, privativo, e ademais deberá destruír a presunción de ganancialidade do 100% da casa. Así que, en caso de divorcio, interésalle un acordo coa súa esposa no convenio regulador. Se non chegan a un pacto, será o xuíz quen decida. Podería alegar que o documento asinado sinala que en caso de falecemento da súa nai, o importe total doado quedará como herdanza do fillo e que se a doazón se realizase a favor dos dous só a metade do doado podería imputarse á herdanza do fillo. Se presentaron imposto de doazóns exclusivamente ao seu nome, tería máis argumentos ao seu favor.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto