Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Un veciño coloca nos patios comúns toldos que impiden a entrada de luz a outras vivendas

Un veciño que ten o uso e goce exclusivo dun dos patios de luces da comunidade, ao que ten acceso directo dende a súa vivenda, colocou uns toldos enormes que dificultan a entrada de luz na miña vivenda. Pregúntome que se pode facer ao respecto. Tamén quixera saber os motivos que poden dar lugar a que se modifique a repartición dos patios, xa que todos os veciños teñen o uso exclusivo dalgún patio, non sendo a miña vivenda.

 Os patios interiores son elementos comúns que de modo expreso se inclúen no catálogo do art. 396 do Código Civil sobre elementos comúns. A Lei de propiedade horizontal obriga os propietarios a respectar os elementos comúns, xa sexan de uso xeral ou de uso privativo, facendo un uso axeitado destes e evitando en todo momento que se causen danos ou estragos. En principio, e segundo a mesma lei, todas as obras que se realicen nestes elementos comúns, como é o caso do patio, e que menoscaben ou alteren a seguridade do edificio, a súa estrutura ou configuración, prexudiquen os dereitos dos demais propietarios ou supoñan unha modificación das regras contidas no título constitutivo ou nos estatutos da comunidade, requiren o acordo unánime do resto de propietarios.

Non obstante, para adoptar validamente un acordo sobre instalación de toldos desmontables en patios ou fachadas interiores adoita abondar, segundo ditan os Tribunais, a maioría simple e iso por considerarse habitualmente que os toldos desmontables non supoñen alteración de elementos comúns nin do título constitutivo. Se na comunidade houbo un acordo maioritario do que a persoa afectada disente, pode impugnalo ante os tribunais no prazo de tres meses dende a súa adopción. A cuestión será determinar se o devandito acordo ocasiona ou non un grave prexuízo para algún dos veciños. Se a Xunta non se pronuncia ao respecto, o afectado pódelle requirir por burofax certificado ao seu veciño a retirada ou modificación dos toldos. En última instancia, contrate un avogado para valorar o caso e para iniciar accións xudiciais se así o considera.

No tocante á segunda consulta, para que se produza unha modificación do título relativa á atribución dos usos privativos dos patios comúns, debe alcanzarse en Xunta un acordo por unanimidade.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto