Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os donos de mascotas estanse a incorporar a Internet con forza. O cariño cara ao seu animal de compañía lévaos a crear numerosos foros e redes sociais nas que expoñen fotografías e a máis variada información sobre a súa raza, alimentación, comportamento, etcétera... Hai tantas redes como especies de animais de compañía, e consolídanse grazas ás numerosas consultas sobre coidados, alimentación ou prevencións sanitarias que comparten os seus usuarios. O interese é tal que en Estados Unidos e nalgúns países europeos xa se crearon consultorios veterinarios online.
Guía Práctica CONSUMER EROSKI Todo sobre a miña mascota: Unha guía completa e detallada para quen queira saber como educar a súa mascota (a guía toca case todas as modalidades), que facer con ela en vacacións, como alimentala, os coidados que necesita, preventivos e mais de hixiene e as peculiaridades de cada especie. Inclúe, ademais, un test que os usuarios poden facer para saber se realmente están preparados para se responsabilizaren dun animal de compañía.
MyDogSpace: É o MySpace (rede social moi popular) dos cans, obviamente creada polos seus donos. Estes expoñen na páxina os vídeos, as fotos, as preferencias e o suposto blog das súas queridas mascotas. Predominan sobre todo as fotografías, ata o punto de parecer máis un Flickr (sistema de publicación de imaxes) ca un MySpace. Mostra o orgullo que senten os donos polos seus cans. O servizo é gratuíto e permite crear unha páxina dedicada á mascota con ferramentas moi sinxelas. Tamén ten un foro chamado "ladridos" onde os donos se relacionan. En inglés.
Ophidia, o portal das Serpes: Ophidia é unha web sobre o mundo das serpes que explica como mantelas en catividade. Ten consellos e titoriais prácticos para montar un terrario, información sobre os aparatos necesarios para manter as condicións de temperatura e humidade, lugares onde conseguir comida para os ofidios e moita máis información útil aos amantes dos réptiles. Ophidia está englobada dentro do proxecto "Camaleóns", que pretende crear un grande portal informativo sobre o mundo dos réptiles en catividade.
Avatar:
Train Bombing in Europe: a "chuvia" de luces LED é unha das experiencias artísticas vagabundas máis interesantes dos últimos anos. A "performance" consiste en montar pequenos díodos luminosos do tamaño dun botón, xunto a unha pila de reloxo e un imán, de modo que ao lanzalos acesos se peguen a calquera superficie metálica. Armados con centos destes díodos, un grupo de artistas austríacos asaltaron un tranvía na cidade alpina de Linz e bombardeárono coas diminutas luces de cores ata convertelo nun vagón multicolor ante a sorpresa divertida do condutor do vehículo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI