Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
O servizo que prestan mellorou moito en catro anos. A frecuencia media é de 16 minutos e o prezo da viaxe mercando un bono de varias viaxes, de 0,55 euros
Os técnicos desta revista intentaron pagar o billete ordinario coa fracción máxima que fixa cada servizo para analizar así se se respecta este dereito. A fracción máxima no conxunto do estudo oscila entre os cinco e os vinte euros. Así, en oito das 18 cidades do estudo (A Coruña, Madrid, Málaga, Murcia, Sevilla, Valladolid, Vitoria e Zaragoza) non se podía pagar cun billete que fose maior a cinco euros. Aínda así, en Madrid, Murcia e Sevilla rexistráronse problemas cando o técnico intentou pagar con esa cantidade, xa que o condutor do autobús solicitaba que por favor pagasen con moedas ou directamente esixía o importe exacto (así foi no 87% dos traxectos efectuados en Sevilla). Unicamente en seis cidades do estudo (A Coruña, Alacante, Bilbao, Oviedo, Valencia e Valladolid) non se lle puxo ningunha pega ao técnico desta revista para pagar coa fracción máxima permitida.
Outro detalle importante é que as tarifas dos diferentes títulos de viaxe estean visibles. O importe do billete ordinario estaba especificado no 72% dos 300 autobuses que se tomaron. Pola contra, só no 28% se atoparon carteis informativos sobre a exención de prezos a nenos, xubilados ou persoas con minusvalía. Ademais, en ningún dos vehículos analizados na Coruña, en Córdoba, Granada e San Sebastián se lles facilitaban indicacións aos pasaxeiros para saber que facer en situacións de perigo ou ante accidentes.
En cada un dos autobuses as ventás de emerxencia estaban perfectamente indicadas. Non obstante, un de cada catro autobuses carecía (ou non se viron) de martelos para romper as ventás en caso de evacuación. Así mesmo, en oito de cada dez autobuses atopouse, polo menos, un extintor, proporción moi superior á de boticas de primeiros auxilios (apenas un de cada tres contaba con este elemento á vista dos pasaxeiros).
Nove de cada dez autobuses analizados estaban adaptados para persoas con mobilidade reducida, aínda que nalgunhas capitais a proporción era menor. É o caso de Pamplona, Valencia (no 21% dos vehículos non se tomaron medidas), Valladolid (non está adaptado o 18% dos vehículos) ou Sevilla (o 15% está sen adaptar). Unha vez no interior do autobús observouse que o 96% dos autobuses contaban cunha zona habilitada para persoas minusválidas. No 85% destes espazos hai un botón para solicitar a parada a unha altura axeitada, así como un cinto de amarre. A situación é peor para as persoas con minusvalía visual, xa que un de cada catro autobuses non conta con ningún dispositivo acústico que lle facilite o uso deste servizo a este colectivo.
| Cidade | Na parada (1) | Información ao usuario (2) | Calidade do traxecto (3) | Accesi- bilidad e (4) | O servizo en conxunto (5) |
|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Ben | Regular | Moi Ben | Aceptable | Aceptable |
| Alacante | Ben | Regular | Moi Ben | Ben | Aceptable |
| Barcelona | Ben | Aceptable | Moi Ben | Moi Ben | Ben |
| Bilbao | Moi Ben | Moi Ben | Moi Ben | Moi Ben | Moi Ben |
| Córdoba | Ben | Aceptable | Moi Ben | Ben | Ben |
| Granada | Moi Ben | Regular | Ben | Aceptable | Aceptable |
| Logroño | Moi Ben | Regular | Ben | Aceptable | Aceptable |
| Madrid | Moi Ben | Aceptable | Moi Ben | Moi Ben | Moi Ben |
| Málaga | Ben | Ben | Moi Ben | Excelente | Moi Ben |
| Murcia | Ben | Regular | Moi Ben | Aceptable | Aceptable |
| Oviedo | Moi Ben | Ben | Moi Ben | Moi Ben | Moi Ben |
| Pamplona | Excelente | Aceptable | Ben | Ben | Ben |
| San Sebasti?n | Moi Ben | Aceptable | Ben | Moi Ben | Ben |
| Sevilla | Ben | Aceptable | Ben | Ben | Ben |
| Valencia | Ben | Ben | Moi Ben | Ben | Ben |
| Valladolid | Excelente | Ben | Moi Ben | Regular | Aceptable |
| Vitoria | Ben | Regular | Moi Ben | Moi Ben | Aceptable |
| Zaragoza | Moi Ben | Ben | Moi Ben | Ben | Ben |
| Media | Moi Ben | Aceptable | Moi Ben | Ben | Ben |
(1) Na parada: analizouse o estado e mantemento de todos os elementos que conforman as paradas dos autobuses urbanos (marquesiñas, bancos, postes e dispositivos de información, etc.).
(2) Información ao usuario: comprobouse a información facilitada ao usuario tanto na parada do autobús como dentro deste (prezos, fracción máxima, normas de comportamento, información sobre tempos de chegada, etc.). Analizouse a cantidade e calidade da información, os dispositivos utilizados (por exemplo, a existencia de información actualizada sobre o servizo), e mais o correcto funcionamento dos distintos dispositivos informativos.
(3) Calidade do traxecto: observouse o comportamento dos condutores dos buses (manobras, respecto ás normas e sinais de tráfico, a condución, o trato cos usuarios, etc.). Tamén se valoraron aspectos como o equipamento e a climatización do autobús, o seu estado de mantemento e limpeza, os elementos de seguridade dispoñibles e á vista do usuario (extintores, martelos, biombos, portelos, cámaras, etc.).
(4) Accesibilidade: valoráronse aspectos como o grao de adaptación dos vehículos para minusválidos (mediante ramplas, plataformas elevadoras, piso baixo, etc.), a existencia de zonas habilitadas dentro do vehículo, ancoraxes para cadeiras, cintos de amarre, etc. Tamén se observou se os buses contaban con sistemas de aviso acústico e visual das paradas do traxecto.
(5) O servizo en conxunto: nota media final dos 4 apartados anteriormente sinalados.
| Cidade | Prezo actual do billete (en euros) | Fracción máxima (en euros) | Custo do traxecto con bonobús, tarxeta ou creditrans (en euros) | Diferenza co prezo do billete ordinario (en euros) | Aforro (%) | Prezo autobús ao aeroporto (en euros) |
|---|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | 0,96 | 5 | 0,64 | 0,32 | 33,3% | 1,20 |
| Alacante | 1 | 10 | 0,55 | 0,45 | 45,0% | 1 |
| Barcelona | 1,25 | 20 | 0,69 | 0,56 | 44,8% | 1,25 a 3,90 |
| Bilbao | 1,15 | 10 | 0,53 | 0,62 | 53,9% | 1,25 |
| Córdoba | 0,95 | 10 | 0,62 | 0,33 | 34,7% | 0,95 |
| Granada | 1 | 10 | 0,54 | 0,46 | 46,0% | 3 |
| Madrid | 1 | 5 | 0,56 | 0,44 | 44,0% | 1 |
| Málaga | 1 | 5 | 0,59 | 0,41 | 41,0% | 1 |
| Murcia | 0,85 | 5 | 0,5 | 0,35 | 41,1% | 7 |
| Oviedo | 0,85 | 10 | 0,65 | 0,20 | 23,5% | Non hai servizo |
| Pamplona | 1 | 20 | 0,47 | 0,53 | 53,0% | 1 |
| San Sebasti?n | 1,10 | 20 | 0,65 | 0,45 | 40,9% | 2 |
| Sevilla | 1 | 5 | 0,53 con trasbordo | 0,47 | 47,0% | 2 |
| Valencia | 1,15 | 10 | 0,45 | 0,70 | 60,8% | 2,5 |
| Valladolid | 0,95 | 5 | 0,58 | 0,37 | 38,9% | 3 |
| Vitoria | 0,80 | 5 | 0,43 | 0,37 | 46,2% | Non hai servizo |
| Zaragoza | 0,85 | 5 | 0,48 | 0,37 | 43,5% | 2 |
| Logroño | 0,56 | 10 | 0,42 | 0,14 | 25,0% | Non hai servizo |
| Media | 0,97 | 14,1 | 0,55 | 0,42 | 42,3% | 2,10 |
| Cidade | Frota de auto- buses | Anti- güidade media dos auto- buses (en anos) | Nº de viaxes diarias | Quiló- metros diarios perco- rridos | Velocidade media (en km/h) | Porcen- taxe de auto- buses ecoló- xicos | Porcen- taxe de auto- buses clima- tizados |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Alacante | 79 | 6,0 | 1.490 | 12.500 | 11,9 | Datos non dispoñibles | 100% |
| Barcelona | 1.642 | 5,7 | Datos non dispoñibles | 245.000 | 14,0 | 19% | 100% |
| Bilbao | 145 | 6,2 | 1.780 | 19.800 | 12,4 | 45% | 85% |
| Madrid | 2.007 | 5,7 | 39.200 | 322.300 | 13,7 | 41% | 100% |
| Málaga | 255 | 4,5 | 4.000 | 31.000 | 13,9 | 63% | 100% |
| Pamplona | 131 | 5,5 | 2.813 | 20.982 | 13,0 | 38% | 96% |
| San Sebasti?n | 107 | 6,0 | 2.689 | 15.628 | 14,3 | 100% | 72% |
| Sevilla | 393 | 5,1 | Datos non dispoñibles | Datos non dispoñibles | Datos non dispoñibles | 46% | 100% |
| Valencia | 480 | 6,1 | 9.925 | 65.200 | 11,8 | 41% | 100% |
| Valladolid | 142 | 7,8 | 1.750 | 19.800 | 13,0 | 99% | 99% |
| Vitoria | 70 | 5,0 | 835 | 9.627 | 12,4 | 67% | 96% |
| Zaragoza | 332 | 5,6 | 3.512 | 64.670 | 14,0 | 11% | 100% |
| Media | 482 | 5,8 | 6.799 | 75.137 | 13,1 | 52% | 96% |
* Datos dos doce concellos ou empresas xestoras do servizo de autobuses urbanos das cidades que colaboraron no estudo. A Coruña, Córdoba, Granada, Murcia, Oviedo e Logroño non lle facilitaron os datos a esta revista.
| Cidade | Nº de liñas | Nº de para- das | Nº de liñas nocturnas | Nº de horas en funcionamento días laborables | Nº de horas en funcionamento días festivos |
|---|---|---|---|---|---|
| Alacante | 36 | 831 | 4 | 18,0 | 17,0 |
| Barcelona | 209 | 3.330 | 17 | 24,0 | 24,0 |
| Bilbao | 44 | 443 | 8 | 17,5 | 15,5 |
| Madrid | 208 | Datos non dispoñibles | 38 | 18,0 | 18,0 |
| Málaga | 41 | 1.003 | 4 | 18,5 | 18,0 |
| Pamplona | 21 | 437 | 9 | 16,0 | 16,0 |
| San Sebasti?n | 33 | 470 | 7 | 18,5 | 16,5 |
| Sevilla | 43 | 900 | 6 | 18,0 | 17,0 |
| Valencia | 59 | 1.246 | 58 | 23,0 | 23,0 |
| Valladolid | 34 | 552 | 5 | 18,0 | 16,0 |
| Vitoria | 17 | 285 | 6 | 16,0 | 16,0 |
| Zaragoza | 35 | 984 | 7 | 20,0 | 19,0 |
| Media | 65 | 953 | 14 | 18,8 | 18,0 |
* Datos dos doce concellos ou empresas xestoras do servizo de autobuses urbanos das cidades que colaboraron no estudo. A Coruña, Córdoba, Granada, Murcia, Oviedo e Logroño non facilitaron os datos a esta revista.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI