Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizadas sobre o terreo 300 liñas de autobús urbano de 18 cidades. Ademais, opinan 3.000 usuarios: Puntualidade e información, principais deficiencias dos buses urbanos

O servizo que prestan mellorou moito en catro anos. A frecuencia media é de 16 minutos e o prezo da viaxe mercando un bono de varias viaxes, de 0,55 euros

Frecuencias, entre os dous minutos e as dúas horas

A frecuencia coa que pasa un autobús é un dos criterios máis importantes para valorar a calidade do servizo dunha liña. Os técnicos desta revista realizaron todos os traxectos en días laborables entre as oito e as dez da mañá, á unha e ás tres do mediodía ou ás seis e ás oito da tarde, franxas horarias nas que se rexistra un maior número de usuarios. Nas 300 liñas estudadas, a frecuencia media dos autobuses urbanos das 18 cidades obxecto de estudo é de 16 minutos. Non obstante, as diferenzas entre os servizos de cada capital son abismais. Madrid sitúase entre os mellores do país grazas a que os urbanos pasan pola parada cada seis minutos. Detrás vai Barcelona, na que a frecuencia media é de 10 minutos, e moi preto atópanse Granada, Valencia e Zaragoza (11 minutos de media). No outro extremo atópanse cidades como Oviedo, cunha frecuencia media de 38 minutos nas 10 liñas obxecto de estudo, ou Alacante, Murcia, Valladolid, Logroño e Vitoria, onde o tempo medio que separa a chegada dun autobús urbano e do seguinte supera os 20 minutos.

O tempo de espera máis longo entre vehículos dunha mesma liña deuse en Oviedo: na liña 4 (Fdez. Ladrera-S. Andrés de Trubia) ascende a dúas horas. Detrás vai a liña "L30 (San Vicente-Cañada-Alcoraya-Rebolledo-Alacante) de Alacante, con hora e media entre un autobús e outro. Pola contra, en capitais como Madrid, Granada, Sevilla e Valencia, o prazo entre a chegada dun autobús e outro non pasa en ningún dos casos dos 20 minutos. Con todo, nos días festivos hai que esperar máis. A frecuencia media do estudo durante eses días está nos 23 minutos. De novo, son os autobuses urbanos de Madrid, Barcelona, Granada, Valencia e Zaragoza os que dispoñen de máis frecuencias (entre 12 e 17 minutos), moi por riba de capitais como Murcia, Oviedo, Alacante, Logroño e Vitoria (de 31 a 48 minutos).

En unha de cada oito liñas non se respectaron as frecuencias

A puntualidade é unha das principais notas de distinción entre un bo servizo de autobús e un mediocre. Para comprobar o seu cumprimento, os técnicos de CONSUMER EROSKI agardaron en cada parada das 300 liñas analizadas a chegada do primeiro autobús, non o tomaron e agardaron o seguinte (ao que subiron), para comprobaren se se respectaban as frecuencias que se especificaban nas marquesiñas. Considerouse aceptable que o bus chegase ata cinco minutos máis tarde do previsto, porque a variabilidade das condicións do tráfico urbano esíxelle ao usuario certa adaptación a esta circunstancia.

Malia esa marxe, unha de cada oito liñas estudadas (o 12%) non respectou as frecuencias que se indicaban nas marquesiñas, unha situación que, aínda que representa unha mellora con respecto aos resultados do 2003, supón unha deficiencia grave. Os servizos máis impuntuais foron os analizados en Murcia (un 44% das liñas chegou tarde), Logroño (tres de cada dez autobuses chegaron con atraso) e Málaga (unha de cada catro liñas non respectou a frecuencia establecida). Pola contra, ningún dos autobuses analizados na Coruña, en Bilbao, en Córdoba e en Oviedo chegou máis tarde de cinco minutos.

Autobuses urbanos e novas tecnoloxías

 As novas tecnoloxías facilitan que o usuario poida estar informado de canto tempo queda para a chegada do autobús, se se atrasará, a que distancia se atopa ou mesmo os minutos que restan para a chegada do seguinte. Cada vez son máis as empresas ou os concellos responsables do servizo de autobuses urbanos que instalan nos seus vehículos dispositivos GPS, co que se poden localizar en todo momento. Un dos soportes para transmitir este tipo de datos son as pantallas que se instalan nas paradas dos autobuses, presentes en un de cada catro apeadeiros visitados.

As cidades máis avanzadas neste aspecto son Bilbao (nun 80% das paradas visitadas había unha pantalla), Valladolid e San Sebastián (no 70%), Oviedo (no 60%) e Murcia (na metade delas). Pola contra, non se advertiu a presenza de pantallas deste tipo en ningún dos apeadeiros de Pamplona e Valencia, e tampouco en Vitoria, que iniciou o proceso para instalalas en 50 paradas da cidade. Non obstante, tamén se constataron deficiencias na súa aplicación. En todas as situadas en Logroño e en unha de cada tres de San Sebastián a información non estaba dispoñible porque as pantallas estaban apagadas e en unha de cada catro de Granada detectáronse fallos de funcionamento.

A persoa interesada tamén pode consultar estes datos a través de mensaxes de telefonía móbil (está dispoñible en dez das 18 cidades analizadas, cun custo para o usuario de entre 15 e 30 céntimos por mensaxe) e por Internet. Esta última opción, non obstante, só é posible en Bilbao, Barcelona, Madrid e Córdoba.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto