Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizadas sobre o terreo 300 liñas de autobús urbano de 18 cidades. Ademais, opinan 3.000 usuarios: Puntualidade e información, principais deficiencias dos buses urbanos

O servizo que prestan mellorou moito en catro anos. A frecuencia media é de 16 minutos e o prezo da viaxe mercando un bono de varias viaxes, de 0,55 euros

 Será pola competencia do metro, do tranvía ou do tren, será porque hai que responder a un usuario cada vez máis esixente, será porque os poderes públicos asumiron á fin que o mellor xeito de fomentar o transporte público é mellorar a súa calidade..., o caso é que o servizo que ofrecen os autobuses urbanos nas nosas cidades mellorou notablemente os últimos catro anos. Así o constatou CONSUMER EROSKI. Os seus técnicos estudaron 300 liñas de bus urbano en 18 cidades: 30 liñas de autobús en Madrid e Barcelona, 25 en Valencia e Sevilla, 20 en Málaga, Zaragoza e Bilbao, 18 en Murcia, 15 en Alacante e Valladolid, 12 en Granada e 10 en Córdoba, na Coruña, en Logroño, Oviedo, Pamplona, San Sebastián e Vitoria. Este exame do 2007 pásano os buses urbanos cunha cualificación media de "ben", cando nun informe similar de CONSUMER EROSKI publicado no 2003 a nota media fora un inequívoco "mal". O avance máis significativo, que resulta mesmo sorprendente (dun "moi mal" de media a un "moi ben") foi o de como realizan o seu traballo os condutores dos buses. Cando hai catro anos eran cousa común a condución brusca e as freadas, as paradas excesivamente rápidas ou os estacionamentos incorrectos, no 2007 foron moi pouco frecuentes. Non choca, polo tanto, que a calidade e comodidade do desprazamento, xunto coas infraestruturas despregadas nas paradas, sexan os aspectos máis positivos desvelados por esta investigación. Pero non todo son luces, aínda quedan deficiencias por emendar, como a información ao usuario tanto na parada coma no interior do vehículo, a puntualidade (unha de cada oito liñas analizadas chegou á súa parada cun atraso superior a cinco minutos) e a adaptación ás necesidades dos minusválidos (en varias cidades entre o 15% e o 20% dos buses non están adaptados).

O mellor servizo de bus urbano viuse en Madrid, Málaga, Oviedo e Bilbao (un "moi ben" de media non deixa lugar a dúbidas), mentres que os peores resultados os obtiveron os autobuses de Alacante e da Coruña, que (ao igual ca os de Granada, Logroño, Murcia, Valladolid e Vitoria) han de se conformar cun "aceptable" na súa cualificación media. O estudo revela tamén que a frecuencia media dos buses é de un cada 16 minutos en cada liña en días laborables e de un cada 23 minutos as fins de semana e festivos, aínda que se rexistraron acusadas diferenzas entre unhas e outras liñas e entre as propias cidades. No tocante ás tarifas que rexen, comprobouse que o prezo medio do billete ordinario dun só traxecto é de 0,97 euros, dende os 0,56 euros que se cobran en Logroño ao 1,25 euros de Barcelona. Se se adquire un bono para varias viaxes, o prezo por desprazamento redúcese un 42% de media e queda en 0,55 euros. Tendo en conta que a maioría dos usuarios recorre aos bonos ou tarxetas que permiten varias viaxes, pódese concluír que destacan polo seu elevado prezo os buses de Barcelona (sae a 0,69 euros cada traxecto), de San Sebastián, da Coruña e de Oviedo, e que o fan polo reducido das súas tarifas os buses de Logroño (0,42 euros cada viaxe), Vitoria, Valencia, Pamplona e Zaragoza.

O informe recolle tamén a opinión dos usuarios habituais do bus urbano, mediante unha enquisa a 3.000 deles a pé de parada nas 18 cidades. En liñas xerais, os cidadáns amosáronse relativamente satisfeitos co bus que utilizan acotío, se ben máis da metade se queixaron de tres cuestións: a escasa frecuencia dalgunhas liñas, a falta de puntualidade e o prezo excesivo. Outra reclamación bastante compartida (37% dos enquisados) é o incorrecto modo en que os profesionais conducen estes vehículos de transporte público. O estado de limpeza e conservación dos autobuses e mais o trato que reciben por parte dos condutores satisfán á inmensa maioría dos usuarios.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto