Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

A Bolsa, símbolo das finanzas

Contan as crónicas que ás 12 da mañá do 20 de outubro de 1831 un grupo de homes de comercio se reuniu nunha igrexa da praza do Sol de Madrid. Coa primeira badalada do reloxo da Casa de Correos deron por iniciada a actividade da Bolsa. O nome da Bolsa foi tomado, como acontece no resto de prazas europeas, da familia belga Van der Bourse (Bolsa). Foron estes uns taberneiros de Bruxas que se converteron en banqueiros comerciais de tal importancia que hoxe designan o corazón financeiro en todo o mundo. Recollen tamén os anais que o 7 de maio de 1893 a raíña rexente María Cristina inaugurou, 62 anos e 7 sedes despois, o edificio emblemático e definitivo, aínda que dende hai case 20 anos o seu valor se reduce á representación dun mundo que se move noutros ámbitos. O seu parqué, o reloxo, a campá e os paneis son un símbolo. Unha imaxe que ilustra unha realidade virtual: a do actual mercado de valores e cambios que nada ten que ver cos movementos dos corro nin cos axentes de cambio. Aquela Bolsa desapareceu. Aínda que o edificio se manteña.

  
Ruben García Blázquez

As 10 da mañá: abre a Bolsa

Na praza da Lealdade de Madrid eríxese o maxestoso edificio da Bolsa. As súas rexas columnas anteceden o distribuidor dende o que se accede ao Salón de Cambios, o que se coñece como "O parqué". Ás 10 en punto, cada mañá de actividade, a sirena anuncia o comezo da sesión. Transcorridos os primeiros 60 minutos en que se fixan os prezos, durante 6 horas ininterrompidas sucédese o encontro. É un encontro virtual, pero real, no que nin compradores nin vendedores están presentes. A negociación bolsista está en man de sociedades e axencias de valores que igual poden operar na veciña rúa de Juan de Mena ca en Xapón.

  
Ruben García Blázquez

O Corro, un vestixio do pasado

Non obstante, non todo é silencio e transcorrer dos paneis. A sede de Madrid conserva unha mínima actividade financeira. É a mesma que se pode ver en Bilbao, en Valencia e en Barcelona. Trátase dos mercados de corro que operan con valores alleos ao mercado continuo. A súa capacidade financeira é limitada: non chega a representar o 0,5% do que se intercambia unha xornada. Así que aínda se poden escoitar os berros do que dá e do que toma e a badalada puntual, cada 10 minutos, anunciando o inicio do corro ao que acoden os operadores para reunirse en círculo.

  
Ruben García Blázquez

Os paneis ou a negociación ininterrompida

O corro representa un pasado, non remoto pero si moi afastado. Daquela, cada 10 minutos a actividade tornábase frenética. Hoxe, e de xeito ininterrompido, os valores aparecen en vermello, en laranxa e en verde, indicando o seu cambio á baixa, neutro ou á alza. Se hai nervios, estes non transcenden das sedes de cada sociedade. Aquí todo é calma e unha continua subministración de información procesada.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

As persoas, o motor de toda a engrenaxe

Aínda que pareza deshumanizada, a Bolsa fana as persoas. Comezou sendo un encontro entre cabaleiros, comerciantes e señores de contas, co fin de propiciar que empresarios con futuro, con ideas e con iniciativa puidesen levar adiante as súas conquistas. Para iso necesitaban que xentes con capital os cresen. Faríanos partícipes das ganancias se compartían os riscos. Isto segue sendo así. Perdeu o halo romántico e decimonónico, pero mantén as mesmas regras ca daquela: inviste só o que podes perder, non sexas avarento, consegue moita información. Precisamente este punto é o que atrae a xubilados, amantes da bolsa, mozos inquedos, antigos corredores e curiosos que pisan o parqué sabedores de que xa nada se move nel. Pero continúa a ser un bo lugar para ler as cotizacións e para non perder de vista os investimentos.

  
Ruben García Blázquez

O mellor estudo de gravación para os medios especializados

Non podía ser doutro xeito na Era da información. Os espazos noutrora ocupados por corredores, por vendedores e propietarios, aqueles corredores que levaban o sobrenome "dos pasos perdidos" na súa condición de testemuñas do camiñar nervioso á espera de noticias de ultramar, están hoxe ocupados por estudos de gravación da televisión. Profesionais especializados en información bolsista conectan coa súa audiencia. Diríxense a persoas que dende as súas casas se informan de como están os seus aforros convertidos en valores. Pequenos investidores, que como o consumidor, teñen un poder e saben que na información está a clave de mantelo.

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto