Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Botas de fútbol con tacos: Resistencia e prezo, as claves

Son moi diferentes en prezo e prestacións, pero a bota máis barata cumpre outro criterio esencial de calidade: xestión da suor

 O fútbol non é só o deporte que máis se ve na tele e do que máis se fala, tamén é un dos que máis se practica. E para xogar sobre terra ou sobre herba resulta imprescindible calzar unhas botas con tacos que sexan sólidas, resistentes, cómodas e que pesen pouco. Empeña (cara exterior do zapato, unida á sola), forro (revestimento interno do zapato), soleta e sola (parte inferior do calzado, sometida a desgaste e unida ao empeña) son as catro partes fundamentais de calquera bota. Este comparativo avaliou mediante probas de laboratorio a resistencia ao uso e a deterioración, a solidez da cor e a xestión da suor do empeña, forro, soleta e sola en oito modelos de bota de fútbol, de prezos moi diferentes, que variaban desde os 35,28 euros de Joma Gol II ata os case 95 euros de Diadora Brasil Pro Md Pu.

A mellor relación calidade-prezo correspondeulle a Joma Gol II, as botas máis baratas das estudadas (35,28 euros), xa que son resistentes e ofrecen unha alta tracción en herba (evita esvaróns), se ben son as menos resistentes á acción da luz fronte á cor e a súa xestión da suor é moi mellorable. Outra boa opción é Diadora Brasil Pro, as máis caras (94,95 euros) pero tamén as mellores no conxunto de probas, amais das únicas que aproban o test específico de expulsión da suor xerada polo pé.

Cuestión de resistencia

  O empeña (a cara superior do zapato) é a parte da bota que entra máis en contacto co balón. A súa durabilidade comprobouse con dúas probas de flexións. Na primeira fixéronse 200.000 flexións co zapato seco, mentres que na segunda se probaron 50.000 veces coas botas húmidas (antes do test mergulláronse en auga destilada e aplicóuselles baleiro para que absorbesen máis líquido). As mellores foron Diadora, Nike, Lotto e Joma, que non sufriron ningún estrago tras o cuarto de millón de flexións. En Kappa apareceron fisuras superficiais tras a proba en seco e en Puma tamén se apreciaron pequenas gretas en seco e húmido. As peores nesta proba foron Umbro (as bandas de adorno agretáronse) e Adidas, nas que se desprendeu o recubrimento das bandas vermellas e brancas a partir de só 10.000 ciclos.

Para comprobar o desgaste do material da superficie da bota, sometéronse a 150 ciclos (100 en seco e 50 en húmido), nos que se simulaba o golpe a un balón. Puma, Kappa, Nike e Lotto, as mellores, non sufriron dano ningún, mentres que as de comportamento menos satisfactorio foron as de Joma (desprendeuse o recubrimento das bandas ornamentais) e Umbro, que na proba en húmido perdeu parte do acabado do material e na proba en seco sufriu rabuñadas.

O desgaste que produce o calcetín

A resistencia do forro que recobre o interior do zapato, especialmente na zona do talón, mediuse mediante un desgaste abrasivo cun tecido seco: 51.200 ciclos en seco e 25.600 en húmido. Así, simúlase o desgaste continuo que representa o rozamento do calcetín. Kappa, Diadora, Umbro e Adidas saíron indemnes, mentres que en Lotto se perdeu o recubrimento do calzado e se manchou visiblemente o tecido utilizado como abrasivo. Iso si, ningún forro chegou a romper, polo que todos superaron a proba.

Se a sola do calzado non é robusta e duradeira, o zapato avellentará prematuramente. Comprobouse a súa resistencia medindo a perda de material da sola cando se despraza por unha superficie abrasiva; ademais, mediuse a súa resistencia ao esgazamento calculando que forza é precisa para cortar a sola.

As solas das oito botas superaron a proba, e salientaron os resultados das de Puma, Nike e Adidas.

A flexibilidade da sola, criterio esencial de comodidade, contrastouse colocándoas nunha máquina que as dobra 30.000 veces nun ángulo de 90º. As oito aprobaron con nota, xa que en ningunha se apreciaron danos. E que forza é precisa para despegar a sola do resto da bota? Considérase incorrecto que se despegue con menos de 6 N/mm. Só dúas botas cumpriron: Kappa, pois a súa sola necesitou unha forza de 6,6 N/mm para despegarse e, sobre todo, Joma que requiriu 8,9 N/mm. As de Umbro e Diadora (3,8 N/mm) e Adidas (5,4 N/mm) suspenderon nesta proba de despegado da sola, mentres que as de Nike (5,8 N/mm) e Puma (5,5 N/mm) tampouco aprobaron pero quedaron nun "regular".

Nos modelos estudados de Joma e Lotto, a sola vai cosida á bota, polo que os seus resultados non son directamente equiparables. A de Joma foi a máis resistente das comparadas, mentres que a de Lotto obtivo mal resultado: 3 N/mm, se cadra polo escaso número de puntadas que unían sola e piso.

Acabar coa suor

Unha bota elimina de dúas maneiras a suor que produce o pé do seu usuario: mediante a evaporación a través da parte superior do calzado ou coa absorción polos materiais, particularmente pola soleta. A capacidade de expulsión da suor do empeña analizouse medindo a súa permeabilidade ao vapor de auga: utilizouse un corte do material da parte superior da zapatilla (previamente avellentouse con 20.000 flexións) que debía evacuar un mínimo de 1 mg/cm2 de vapor de auga por hora. Catro das oito botas analizadas non superaron a proba. A de Nike foi a peor, ao obter un valor dez veces inferior ao mínimo esixido e quedar nunha capacidade de expulsión da suor de só 0,1mg/cm2 por hora. Na de Puma tamén se rexistrou un resultado deficiente (0,2 mg/cm2), mentres que a de Joma (0,7 mg/cm2) se achegou máis ao requirido e Kappa (0,9 mg/cm2) case o conseguiu. A que mellor expulsou a auga foi a de Adidas, con 2,5 mg/cm2, a única que obtivo un "satisfactorio" nesta proba. As outras tres que aprobaron quedaron no "correcto".

O outro ensaio que estuda a xestión da suor nestas botas comproba a cantidade de auga que a soleta absorbe e a que é eliminada tras certo período de tempo. Mediuse en laboratorio flexionando as soletas repetidamente sobre unha gasa (simulando os pasos) que se mantén húmida grazas a unha corrente de auga. Despois, déixanse 17 horas a 23º C, cun 50% de humidade relativa para que eliminen a auga. Os resultados indicaron que as oito botas eliminan ben a auga absorbida, pero tamén que só Diadora a absorbía non xa de modo satisfactorio senón simplemente correcto. O resto suspendeu na proba, xa que a súa capacidade de absorción foi nitidamente inferior ao mínimo fixado polos técnicos.

Evitar esvaróns

Se a transición do trote ao sprint é moi rápida, quen xoga ao fútbol corre un evidente risco de esvarar. Comprobouse como se comportan as oito botas nesta tesitura. O ensaio, realizado sobre un tipo de herba natural moi utilizado en campos de fútbol (Bermuda 419), concluíu que as botas con maior tracción en herba (as que menos propician os esvaróns) son as de Joma e Puma, seguidas de Nike e Adidas. Pola súa banda, as botas estudadas de Kappa, Diadora, Umbro e Lotto demostraron un agarre escaso, polo que a posibilidade de escorregar con elas ao botar a correr é maior.

E o seu peso? Canto máis lixeiro sexa este calzado menor será o esforzo de transportalo e de practicar deporte con el. As botas máis lixeiras foron as de Puma, con 480 gramos, e as máis pesadas, as de Umbro (646 gramos).

As tinguiduras, que non destingan

O fútbol xógase habitualmente ao aire libre, polo que o uso das botas se produce en contacto directo co sol. Unha vez concluída a proba de expor dun modo estandarizado os empeñas á radiación solar, os resultados foron correctos, se ben na bota de Joma se percibiu un amarelamento nas bandas brancas, que non nas azuis.

Doutra banda, o rozamento sistemático e continuado do interior da bota co calcetín (a miúdo empapado en suor) fai temer que as tinguiduras das botas destingan e acaben por manchar o calcetín. Comprobouse esta circunstancia en laboratorio, somerxendo os forros da bota xunto cunhas mostras de la, acrílico, poliéster, poliamida, algodón e diacetato (os tecidos máis probables dunha media deportiva) nunha disolución de suor normalizada de pH lixeiramente básico. Estes materiais colocáronse sobre unha placa a 37 ºC e prensáronse con outra placa á temperatura do corpo humano. O conxunto mantívose dentro dun forno durante tres horas á mesma temperatura constante. O comportamento dos forros das botas Nike e Lotto foi excelente en todos os tecidos, mentres que os peores foron os das botas Umbro e Puma, xa que os retallos de poliamida, algodón e diacetato se colorearon de xeito claro (en Umbro tamén o de poliéster).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto