Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha muller acudiu a unha clínica para practicarse unha liposucción da cara interna das coxas. Rematada a intervención a paciente atopouse coa extremidade superior esquerda paralizada sen que o médico lle dese maior importancia. Pero as molestias continuaron ata que finalmente lle diagnosticaron lesión de plexo braquial esquerdo secundario por postura mantida durante a intervención cirúrxica, parálise do nervio radial e do tronco axilar, lesións retiformas hiperpigmentadas en caras internas de ambas as dúas coxas e estado depresivo. Acudiu a xuízo solicitando unha indemnización polas lesións e polos 375 días que precisou para a súa curación. E gañou o xuízo parcialmente, dado que o Xulgado considerou, por unha banda, que non todas as lesións eran derivadas da intervención e, por outra, que asinara un consentimento informado no que constaba a posibilidade de que se producisen as manchas hiperpigmentadas. Non satisfeitas coa sentenza ningunha das partes, ambas as dúas apelaron e nesta segunda instancia a usuaria perdeu totalmente o xuízo. A Audiencia de Asturias, en sentenza do 22 de xuño de 2006, valorou que o documento do consentimento informado era exhaustivo, sen esquecer que a usuaria era médica de profesión e xa sufría depresión antes de se operar.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI