Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Net Label tradúcese do inglés como "selos de Rede"". Con esta expresión identifícase un fenómeno cada vez máis espallado, o da música gratis e legal en Internet, que se ofrece dende pequenas discográficas con sede virtual nunha páxina web. Sen ánimo de lucro, polo menos directo, a súa intención é máis ben difundir a cultura baixo o amparo das licenzas Creative Commons (unhas licenzas a medio camiño entre o moi pechado copyright e o "libre total"). Tras os Net Labels hai artistas con intención de gañar a vida coa súa arte, pero a súa filosofía de negocio difire da das discográficas tradicionais: non cren nos discos como medio de distribución do produto, senón que se aposta polas descargas gratuítas dende Internet e os cartos conségueno das doazóns ao artista, das camisetas, das chapas (os Net Labels teñen unha grande profusión de "merchandising" moi creativo) ou dos concertos.
Tokyo Dawn Records
Miklataklitim
Ideology Records
Sofasound Records
Google Web History: para lembrar as páxinas web polas que o usuario navegou
É algo que lles acontece constantemente aos navegantes da web. Hai uns días visitaron unha páxina moi interesante, pero non lembran a dirección e non a dan atopado. A solución sería contar cun rexistro de todas as páxinas visitadas cada día, e poder así revisalo. Iso é exactamente o que fai Google Web History. Con este servizo de Google, cada vez que se visita unha páxina ou que se realiza unha busca en Google, esta información queda almacenada nun servidor. Cando se accede, aparece unha lista das páxinas visitadas nos últimos días. Grazas ao calendario pódese ver o historial de navegación dun día calquera, e mesmo ver que días se navegou máis, segundo a cor na que aparezan. O sistema ofrece tamçen unha sección chamada Trends (tendencias), onde se analizan os patróns de buscas que realiza o usuario, os seus horarios de navegación e os sitios máis visitados. Por suposto, é posible borrar páxinas do historial para non deixar rastro.
Algoritmo En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI