Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
En dúas de cada tres cidades a competencia en prezos é escasa. O custo medio, 950 euros, apenas encareceu en cinco anos pero mantéñense as enormes diferenzas entre as cidades
As autoescolas contan cunha media de tres coches destinados ás clases prácticas. Os centros con menor dotación móbil localizáronse en Zaragoza (catro de cada dez só dispoñían dun único automóbil), aínda que nesta mesma capital unha autoescola indicou que contaba con 20 vehículos (unha das visitadas en San Sebastián afirmou que tiña 30 turismos). Con todo, en máis da metade das autoescolas o alumno non ten a posibilidade de elixir o coche no que realizará as clases. Non é o caso dos centros da Coruña, Córdoba (en todos se pode elixir o automóbil), Bilbao e Valladolid (en nove de cada dez).
A media de clases prácticas á que adoita acudir un alumno cando non ten ningunha noción de conducir é de 25, segundo as autoescolas. No entanto, as diferenzas entre as 18 cidades son moi significativas (das 16 de media aconselladas en Logroño vaise ás 30 recomendadas en Madrid e Valencia). A pesar da importancia da información fornecida polos propios centros para que o alumno se decante por un centro ou por outro, no 14% das autoescolas non se ofreceu información escrita ningunha. As escolas de condución que menos coidan este aspecto son as situadas en Bilbao e Málaga (só ofreceron información unha de cada dez). Por outra banda, tres de cada catro autoescolas non tiñan as súas tarifas visibles ao público (ningunha das visitadas nos casos de Bilbao, Logroño, Madrid, San Sebastián, Sevilla, Valladolid e Vitoria), coa dificultade engadida que representa no proceso de información para que o usuario elixa con coñecemento de causa.
Se unha persoa con discapacidade quere aprender a conducir custaralle dar cunha autoescola axeitada. Só unha de cada dez das analizadas conta con automóbiles adaptados. A situación é particularmente negativa en Córdoba, Granada, Logroño, Málaga e Valencia, cidades nas que ningunha das autoescolas visitadas ofrecía clases a persoas discapacitadas. Ante esta realidade, non sorprende que case seis de cada dez autoescolas non dispoñan de entradas accesibles para persoas con mobilidade reducida, e que unicamente a metade estean adaptadas no seu interior.
| Cidade | Custo medio da clase práctica | % respecto da media | Custo medio por minuto de clase práctica (1) |
|---|---|---|---|
| A Coruña | 12 | 58% | 0,26 |
| Alacant | 26 | 90% | 0,54 |
| Barcelona | 30 | 103% | 0,61 |
| Bilbao | 40 | 138% | 0,66 |
| Córdoba | 26 | 10% | 0,58 |
| Granada | 25 | 14% | 0,55 |
| Logroño | 33 | 114% | 0,56 |
| Madrid | 27 | 93% | 0,61 |
| Málaga | 27 | 93% | 0,53 |
| Murcia | 28 | 97% | 0,63 |
| Oviedo | 28 | 97% | 0,62 |
| Pamplona | 37 | 127% | 0,63 |
| San Sebastián | 39 | 134% | 0,67 |
| Sevilla | 27 | 93% | 0,58 |
| Valencia | 25 | 86% | 0,55 |
| Valladolid | 26 | 90% | 0,48 |
| Vitoria | 38 | 131% | 0,65 |
| Zaragoza | 32 | 110% | 0,67 |
| Media | 29 | 100% | 0,58 |
(1). Custo medio por minuto de clase práctica: calculouse o custo medio que se cobra por cada minuto da clase práctica en cada cidade, xa que a duración das clases varía desde os 40 minutos nalgunhas autoescolas en Alacant e Sevilla ata a hora e media que pode chegar a durar nalgúns establecementos de Barcelona e Málaga. Así pois, tívose en conta o prezo da clase e mais a súa duración, e calculouse o prezo por minuto en cada unha das 200 autoescolas para posteriormente calcular a media de cada capital.
| Cidade | Custo medio | % respecto da media |
|---|---|---|
| A Coruña | 513 | 54% |
| Alacant | 854 | 90% |
| Barcelona | 1.067 | 112% |
| Bilbao | 1.358 | 143% |
| Córdoba | 857 | 90% |
| Granada | 505 | 53% |
| Logroño | 1.295 | 136% |
| Madrid | 694 | 73% |
| Málaga | 714 | 75% |
| Murcia | 1.054 | 111% |
| Oviedo | 880 | 93% |
| Pamplona | 1.326 | 140% |
| San Sebastián | 1.300 | 137% |
| Sevilla | 841 | 89% |
| Valencia | 835 | 88% |
| Valladolid | 827 | 87% |
| Vitoria | 1.217 | 128% |
| Zaragoza | 1.018 | 107% |
| Media | 949 | 100% |
| Cidade | A autoescola máis cara | A autoescola máis barata | Aforro máximo posible(1) | Custo medio |
|---|---|---|---|---|
| A Coruña | 607 | 419 | 188 (31%) | 513 |
| Alacant | 1.058 | 348 | 710 (67%) | 854 |
| Barcelona | 1.677 | 724 | 953 (57%) | 1.067 |
| Bilbao | 1.415 | 1.254 | 161 (11%) | 1.358 |
| Córdoba | 1.056 | 609 | 447 (42%) | 857 |
| Granada | 703 | 333 | 370 (53%) | 505 |
| Logroño | 1.472 | 1.176 | 296 (20%) | 1.295 |
| Madrid | 882 | 478 | 404 (46%) | 694 |
| Málaga | 1.080 | 543 | 537 (50%) | 714 |
| Murcia | 1.214 | 875 | 339 (28%) | 1.054 |
| Oviedo | 888 | 845 | 43 (5%) | 880 |
| Pamplona | 1.387 | 1.244 | 143 (10%) | 1.326 |
| San Sebastián | 1.406 | 1.085 | 321 (23%) | 1.300 |
| Sevilla | 1.310 | 602 | 708 (54%) | 841 |
| Valencia | 987 | 681 | 306 (31%) | 835 |
| Valladolid | 916 | 697 | 219 (24%) | 827 |
| Vitoria | 1.282 | 1.042 | 240 (19%) | 1.217 |
| Zaragoza | 1.165 | 677 | 488 (42%) | 1.018 |
| Media | 1.139 | 757 | 382 (34%) | 949 |
(1). Aforro máximo posible: calculouse a diferenza entre o prezo da autoescola máis cara e o prezo da máis barata da cidade. Deste xeito obtense a máxima cantidade de diñeiro que lle é posible aforrar ao alumno en cada unha das cidades.
| Cidade | Custo medio | % de autoescolas en cada cidade cuxo prezo final difire en 80 euros ou menos | Valoración |
|---|---|---|---|
| A Coruña | 513 | 70% | Mal |
| Alacant | 854 | 60% | Mal |
| Barcelona | 1.067 | 40% | Aceptable |
| Bilbao | 1.358 | 83%< | Moi Mal |
| Córdoba | 857 | 50% | Regular |
| Granada | 505 | 40% | Aceptable |
| Logroño | 1.295 | 50% | Regular |
| Madrid | 694 | 40% | Aceptable |
| Málaga | 714 | 42% | Aceptable |
| Murcia | 1.054 | 60% | Mal |
| Oviedo | 880 | 100% | Moi Mal |
| Pamplona | 1.326 | 60% | Mal |
| San Sebastián | 1.300 | 50% | Regular |
| Sevilla | 841 | 40% | Aceptable |
| Valencia | 835 | 42% | Aceptable |
| Valladolid | 827 | 50% | Regular |
| Vitoria | 1.217 | 80% | Moi Mal |
| Zaragoza | 1.018 | 50% | Regular |
| Media | 949 | 56% | Mal |
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI