Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Examinadas 200 autoescolas de 18 cidades do noso país: O mesmo permiso de conducir pode custar cinco veces máis segundo a autoescola

En dúas de cada tres cidades a competencia en prezos é escasa. O custo medio, 950 euros, apenas encareceu en cinco anos pero mantéñense as enormes diferenzas entre as cidades

 Case 16 millóns de persoas teñen hoxe permiso de conducir no noso país, e cada ano que pasa outras 700.000 obteñen o carné B1, indispensable para manexar un utilitario dentro da legalidade. Para obter este e outros carnés de conducir, expedidos todos eles pola Dirección Xeral de Tráfico, o aspirante debe acreditar unha serie de coñecementos relacionados fundamentalmente coas normas de circulación e certa pericia na condución de automóbiles; noutras palabras, ten que aprobar un exame teórico e superar unha proba práctica na estrada. A formación esixida nestes exames impártena en exclusiva as autoescolas. Como a preparación dispensada por estes centros -sempre de titularidade privada- está homologada e controlada pola Administración, as diferenzas entre uns e outros non xorden tanto no "como" coma no "canto".

A investigación realizada por CONSUMER EROSKI en 200 autoescolas de 18 cidades españolas revela que o desembolso necesario para obter o carné de conducir é moi oneroso: conseguir o B1 á primeira representa un gasto medio de 950 euros, aínda que este custo apenas aumentou nos últimos cinco anos. Pero nunca unha media dixo tan pouco. As diferenzas de prezos entre unhas autoescolas e outras son enormes. O custo do permiso B1 (con 20 clases prácticas en todos os casos) foi de 1.677 euros na autoescola máis cara, situada en Barcelona, e de só 333 euros, isto é, cinco veces menos, na máis barata, localizada en Granada.

Comprobouse tamén que nalgunhas capitais (as máis caras: Bilbao, Pamplona, San Sebastián, Logroño e Vitoria) o prezo medio das autoescolas é de máis do dobre ca noutras (as máis baratas: A Coruña e Granada). O usuario poderíase preguntar, xa que logo, se na súa propia cidade as diferenzas entre unhas autoescolas e outras son tan relevantes, é dicir, se paga a pena molestarse en preguntar prezos e visitar varias autoescolas antes de elixir unha. A resposta é concluínte: si.

Non son poucas as cidades estudadas nas que a diferenza entre a autoescola máis cara e a máis barata para obter o B1 é de varios centos de euros. Tres mostras: en Barcelona esta diferenza supón 953 euros e en Alacant e Sevilla, uns 710 euros. Esta constatación non impide que, paradoxalmente, sexan maioría as cidades nas que demasiadas autoescolas parecen aplicar un acordo de prezos, xa que apenas compiten coas demais nesta cuestión.

Cursos para recuperar puntos perdidos:

 A entrada en vigor hai máis dun ano do carné por puntos trouxo canda si cambios que afectaron ás autoescolas. Un deles foi a implantación de cursos para que os condutores que perdan puntos ou mesmo o propio carné poidan recuperalos. Desde xullo de 2006 fóronse sumando os centros encargados de impartir esta formación. Técnicos de CONSUMER EROSKI fixéronse pasar por condutores que perderan 4 puntos e querían recuperalos en 26 autoescolas habilitadas pola DXT para este labor específico; tres delas localizábanse en Barcelona e Madrid, dúas en Málaga, Sevilla, Valencia e Bilbao, e unha no resto de capitais incluídas no informe. A pesar de que xa transcorreu un ano desde a implantación do carné por puntos, só nunha de cada tres autoescolas que imparten estes cursos dispón dun cartel á entrada no que se informa diso. E en tres delas, as visitadas en Córdoba, San Sebastián e Zaragoza non explicaron, ou fixérono de forma incorrecta, as vías para a recuperación de puntos. En dúas de cada dez destas autoescolas, o empregado que facilitaba información sobre estes cursos descoñecía aspectos relevantes do proceso de recuperación dos puntos do carné. Así mesmo, só nunha de cada tres proporcionaron información escrita respecto diso.

Verbo dos materiais empregados durante o curso, o máis habitual é o audiovisual, en sete de cada dez autoescolas, seguido dos libros (no 58%).

Ademais, o 42% das academias recorre á metodoloxía en liña e o 38% aos tests. Os cursos de recuperación parcial divídense en dúas partes, unha primeira na que se tratan materias sobre seguridade viaria, e outra específica, personalizada para cada condutor, na que se afonda nas áreas máis necesitadas pola persoa sancionada. Para iso, en seis de cada dez centros organízanse charlas con expertos en tráfico e tamén se emprega a emisión de vídeos, cuxo fin é sensibilizar o condutor sancionado. Ademais, en catro de cada dez autoescolas os que reeducan aos condutores sancionados son psicólogos. Tamén é habitual que vítimas de accidentes acheguen o seu testemuño ao longo do curso (no 54% das autoescolas), así como unha terapia de grupo (nun de cada tres centros). Por outra banda, as autoescolas deben facilitar horarios que se adapten ás necesidades dos alumnos. En case sete de cada dez centros os cursos desenvólvense os venres pola tarde e os sábados á mañá. Con todo, nunha de cada tres o horario non é o axeitado xa que se imparten os cursos só pola mañá ou en xornadas ou horario laborables.

A maioría de autoescolas ofrecen cursos ao longo de todo o ano; así e todo, nunha de cada tres hai lista de espera, polo que o alumno ten que agardar, xeralmente un mes, para poder asistir ao curso de recuperación de puntos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto