Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
As chamadas aulas de maiores congregan máis de 23.000 alumnos de 50 a 85 anos, en programas que duran entre tres e cinco anos
Moitos pisan as aulas por primeira vez, outros póñense de novo ante os libros e hainos que compiten cos seus fillos, ou cos seus netos, por ver quen quita mellores notas. Todos pasaron a cincuentena, a maioría son xubilados, e ao contrario que para os mozos, o título é para eles o de menos, móveos a curiosidade e as ganas de superarse e de aprender. Case ningún foi á universidade cando lle tocaba por idade (só o 5"8% da poboación española maior de 55 anos alcanzou este nivel de estudos, segundo o Instituto Nacional de Estatística), pero na actualidade medio cento de universidades españolas, públicas e privadas, acollen nas súas aulas uns 23.000 alumnos, segundo datos do Imserso, nos cursos correspondentes aos programas académicos para maiores de 55 anos que se imparten en toda España, e que empezaron timidamente a súa andaina na década dos noventa. Nos últimos anos o crecemento da oferta e da demanda destes cursos foi en aumento e todo fai pensar que este novo tipo de educación universitaria irá a máis nas próximas décadas pola conxunción de tres factores: a diminución de estudantes universitarios por mor do descenso da natalidade, o envellecemento da poboación e a puxanza da chamada "formación ao longo da vida" .
Segundo datos do Proxecto AEPUMA (Análise e avaliación das ensinanzas universitarias para persoas maiores en España e Europa), elaborado pola Universidade de Alacant, o alumnado que acode a estas aulas é moi diverso, aínda que relativamente novo, xa que a idade da maioría dos estudantes se sitúa entre os 55 e 64 anos (55%). Na súa maioría son mulleres -un 64"5%- aínda que hai algunhas comunidades autónomas como Baleares onde o 78% deles son homes, mentres que noutras comunidades como Madrid, País Vasco e Alacant a participación masculina supera o 40%.
O requisito de acceso máis xeneralizado é o da idade; superar os 55 anos é condición necesaria para o 58% dos programas. Noutros (32%), redúcese aos 50, e noutros, os menos, a idade de acceso sitúase nos 60 anos. Varios programas establecen outros requisitos de acceso, como estar xubilado ou non desempeñar ningún traballo remunerado. Polo que respecta aos contidos, os relacionados coas humanidades e coas ciencias sociais destacan sobre o resto (54"78%). En segunda posición están as ciencias da saúde (11"84) e á cola os idiomas (2"24%).
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI