Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Outras informacións sobre Saúde: Ictus / Tabaco / Sal / Cambio climático / Café / Entrevista: Josep Blanch

En catro palabras

Ictus:
Coñecida tamén como embolia ou trombose cerebral, é unha enfermidade cerebrovascular que afecta aos vasos sanguíneos que lle subministran sangue ao cerebro. O ictus ten lugar cando un destes vasos rompe ou é taponado por un coágulo, co que unha parte do cerebro non recibe a achega de osíxeno necesaria. Os seus principais síntomas son adormecemento repentino da cara, dun brazo ou dunha perna, confusión e dificultades para falar ou entender, e está orixinada por múltiples factores, como a idade, a herdanza familiar, presión sanguínea elevada ou ser fumador. En ocasións cómpre recorrer á cirurxía para eliminar o coágulo, e o seu tratamento depende das incapacidades que lle provocara ao paciente.

O que avisa non é traidor

Os compoñentes do tabaco aceleran o risco de dexeneración macular

A idade non perdoa e ante o avellentamento florecen os achaques, que aumentan se se é fumador. Un novo estudo publicado no British Journal of Ophtalmology sinala que as persoas fumadoras (xa sexa activas ou pasivas) teñen o dobre de posibilidades de perderen visión e mesmo de quedaren cegas por mor da dexeneración macular asociada á idade. Esta patoloxía dexenerativa do ollo afecta á parte central da retina e causa unha progresiva perda da visión central. De acordo cos resultados publicados, a perda poderíase ver acelerada polo exceso de produción de radicais libres asociados ao consumo de tabaco.

Noticias

Diminuír o sal reduce ata un 25% o risco de sufrir patoloxías cardíacas

  O sodio é bo e necesario para a saúde, pero na súa xusta medida. Abonda con reducir a cantidade de sal utilizado na preparación das comidas e ter en conta a composición dos alimentos precociñados para gozar dunha mellor saúde cardiovascular. Así o asegura un estudo publicado no British Medical Journal e realizado por investigadores da Escola Médica de Harvard, que indica que consumir menos sal non só diminúe o nivel de presión arterial, senón que se reduce ata un 25% o risco de padecer patoloxías cardíacas, beneficios que se prolongan durante dez ou quince anos. O estudo comparou a saúde de máis de tres mil persoas, unhas con dieta baixa en sodio e outras que podían consumir a cantidade de sal desexada.

O cambio climático podería provocar máis problemas respiratorios e cardíacos

Máis pole e partículas de po no aire teñen como consecuencia a aparición dun maior número de enfermidades circulatorias e do aparello respiratorio. A Organización Mundial da Saúde asegura que as ondas de calor que previsiblemente acompañarán ao cambio climático poden facer que a "tempada de pole" se alongue, cun incremento do número de enfermidades alérxicas, así como dos problemas cardíacos e respiratorios. O impacto da calor déixase notar nas enfermidades ligadas ao consumo de auga e aos parasitos: unha maior temperatura aumenta a presenza de carrachos transmisores de enfermidades no norte de Europa, amais de propiciar novos brotes de cólera e paludismo en África e Asia.

O consumo de café podería axudar a previr a gota

Beber dunha a catro cuncas de café a diario podería reducir ata un 59% a incidencia da gota, enfermidade metabólica que se desenvolve en función do nivel de ácido úrico presente nas articulacións e que produce unha intensa sensación de dor nos membros inferiores, especialmente nos dedos dos pés. Segundo un estudo realizado conxuntamente por investigadores da universidade British Columbia de Canadá e pola escola de Medicina de Harvard, determinadas substancias do café como o fenol cloroxénico axudarían a diminuír a súa incidencia por ser un potente antioxidante. A inxestión de café, non obstante, non abonda para previr este trastorno, posto que seguirá sendo necesario un estrito control da dieta. Doutra banda, un exceso de consumo pode causar, como é sabido, alteracións do sistema nervioso central.

Entrevista: Josep Blanch, presidente da Sociedade Española de Reumatoloxía (SER)

"As bebidas gasosas poden prexudicar o metabolismo óseo"

 As persoas obesas e sedentarias sempre estiveron no punto de mira da medicina cardiovascular; pero os reumatólogos tremen tamén agora polos seus ósos.

Os desequilibrios na dieta, a falta de exercicio e o estrés agravan os síntomas de moitas enfermidades reumáticas (artrose, artrite, osteoporose, dor lumbar ou fibromialxia) e inflúen directamente na súa evolución clínica.

Algún consello?

Evitar as comidas rápidas, xeralmente desequilibradas, e moderar o consumo de bebidas gasosas, ricas en fosfatos que poden prexudicar o metabolismo óseo. A malnutrición, por outro lado, empobrece a arquitectura ósea e propicia a aparición de enfermidades reumáticas.

Non é un segredo que a obesidade prexudica os xeonllos con artrose, é pura física?

Tamén química. Existen numerosas interrelacións entre obesidade e patoloxía articular que se estenden máis alá da mera relación co exceso de peso e coa sobrecarga mecánica. Diversas substancias producidas polo tecido adiposo, como a leptina, promoven a inflamación articular e desencadean reuma.

E o estrés?

No caso da fibromialxia, o estrés pode chegar a influír moi negativamente na evolución da enfermidade, xa que agrava os seus síntomas.

E non castigamos máis o aparato locomotor cando nos exercitamos?

Facémolo cando nos exercitamos mal, pero o aparato locomotor está precisamente para moverse. Está demostrado que os pacientes que fan exercicio físico viven máis e teñen unha mellor calidade de vida, posto que a práctica de exercicio aumenta a capacidade de resistencia do músculo ante a fatiga e endurece o óso, que, ademais, retén mellor o calcio e, deste xeito, diminúese o risco de fractura.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto