Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha consumidora mercou unha vivenda en construción, pero cumprida a data pactada da entrega produciuse un atraso que a obrigou a arrendar un piso durante sete meses. Ademais, a vivenda presentaba danos en chans, carpinterías, billas... polo que demandou á vendedora reclamando a reparación destes danos e unha indemnización de 2.604 euros polos gastos de arrendamento. A promotora alegou que a compradora podía seguir convivindo cos seus pais ata a entrega da casa e aduciu que o contrato de alugueiro que presentara no xuízo era fraudulento tanto na súa confección coma na súa eficacia, xa que nin se declaraba fiscalmente, nin se formalizaba retención ningunha, sen que o asinante arrendador comparecese no acto do xuízo a ratificar o contrato e a explicar a infracción fiscal. Pero a consumidora gañou o xuízo. A Audiencia Provincial de Málaga, en sentenza do 19 de abril do 2006, argumentou que, como a promotora concertou a entrega da vivenda nun prazo determinado, o atraso por causas inxustificadas é imputable á parte vendedora, responsable de indemnizar polas perdas e danos ocasionados.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI