Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A pulseira do pulsómetro está mal deseñada e rompe con moita facilidade

Merquei un pulsómetro hai máis de dous anos, pero a correa ten un fallo de deseño porque é demasiado feble para soportar a caixa de titanio e en poucos días de uso agrétase. Xa a cambiei tres veces e finalmente envieille unha carta ao fabricante queixándome da súa falta de resistencia. Contéstame que a correa non entra na garantía e dáme a opción de volvela cambiar, ao que eu me nego, ou ben substituír o pulsómetro por outro pagando un sobreprezo de 135 euros. Pídovos consello.

 Neste caso, o pulsómetro ou polo menos a correa non parecen aptos para o uso ordinario nin teñen a calidade que calquera consumidor pode esperar de maneira fundada e razoable. Como non ten unha resistencia acorde ao contratado, hai que aplicar a Lei de garantías de bens mobles. Esta norma cobre durante un prazo de dous anos os defectos de orixe dos produtos, aínda que o consumidor debe probar que os danos detectados a partir dos primeiros seis meses estaban presentes dende o primeiro momento da compra. O cliente dispón dun prazo de tres anos para reclamar dende a compra ou entrega do ben. Hai, polo tanto, un prazo de garantía (dous anos) e un prazo para reclamar (tres anos) polos defectos detectados durante o período de garantía.

O afectado pode, tras comprobar que o prazo de tres anos non prescribiu, acudir a unha Oficina Municipal de Información ao Consumidor e volverlle reclamar por escrito ao vendedor de acordo á garantía legal, solicitando a substitución da correa por outro modelo diferente que sexa apto para o seu uso ordinario, ou a resolución do contrato con devolución do prezo pagado e do produto á tenda. Pode utilizar como argumento os tres cambios infrutuosos de correa. Ademais, se lle ocasionaron algún custo, pode reclamar os importes pagos. En calquera caso, non lle interesa reclamar ao fabricante en función dunha garantía comercial que exclúa a correa.

Se non chega a un acordo satisfactorio co vendedor, pode pensar en acudir a xuízo verbal civil solicitando a resolución do contrato e a devolución do prezo pagado. A demanda debe dirixirse contra o establecemento vendedor e ser presentada nos xulgados de primeira instancia do seu domicilio. Convén que o afectado se informe no Xulgado e que solicite un modelo de demanda de xuízo verbal, para o que non necesita nin avogado nin procurador, xa que a contía da demanda é inferior a 900 euros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto