Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Contratou unha póliza de seguros para a vivenda pero ninguén o avisou da anulación

Tiña contratada unha póliza de seguros para a miña vivenda xunto coa hipoteca. A entidade bancaria encargouse de todo, pero agora necesito a miña póliza e resulta que hai meses que se anulou, aínda que ninguén me informou diso. A compañía aseguradora dime que eles non teñen potestade para anular este tipo de pólizas e recoméndanme que fale coa entidade bancaria. Pero esta pásalle "a pelota" á aseguradora. A realidade é que uns polos outros eu non teño un seguro de fogar. A miña pregunta é: se para me dar de alta do seguro tiven que asinar un contrato, pode ser este seguro anulado sen previo aviso, e, o que é máis grave, sen o meu coñecemento e sen o meu consentimento? Iso é legal?

 Segundo o artigo 22 da Lei do contrato de seguro, a aseguradora debíalle notificar por escrito ao afectado a súa intención de non prorrogar a súa póliza, cun prazo de dous meses de anticipación á conclusión do período en curso. Neste caso, nin realizou esta notificación nin lle presentou o recibo da prima a cobramento, se cadra por un erro administrativo, polo que as consecuencias, negativas, se trasladan ao consumidor.

Entendemos que esta práctica non se adecúa á Lei do contrato de seguro nin á normativa de protección do consumidor. Por iso debe reclamarlle por burofax certificado ao Defensor do Asegurado da súa Compañía a cobertura do sinistro e ofrecerlle o pagamento da prima, alegando o incumprimento e erro da compañía. En caso de non conseguir un acordo satisfactorio, consulte cun avogado.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto