Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Vídeos en Internet: Unha imaxe vale máis ca mil enlaces

Os vídeos inundan as páxinas web grazas á sinxeleza coa que agora se poden editar e distribuír

  Internet sempre presumiu de ser multimedia, pero, dende a invención da Web en 1990, a información escrita foi a raíña neste novo medio, que viviu de costas á información audiovisual. Na década dos noventa había vídeos, si, pero a lentitude das conexións e a dificultade para atopar e instalar o programa axeitado para velos facía exasperante a súa visión. Por iso, a chegada dos vídeos incluídos nas páxinas web que se ven sen aplicacións extra revolucionou este campo. Xa non é necesario instalar ningún programa estraño. O reprodutor flash, necesario para poder reproducir imaxes en movemento, é case estándar en todos os ordenadores domésticos, polo que só hai que darlle ao "play".

En 2005 unha pequena empresa, YouTube, deu o pistoletazo de saída á explosión dos vídeos en Internet. Non era a primeira páxina que permitía aos usuarios aloxar e compartir os seus vídeos, pero si foi a que tivo máis éxito no empeño. Para moitos converteuse no estándar "de facto" do "vídeo en Internet". Hoxe é un emporio en mans doutro emporio, o buscador Google. O seu éxito influíu en campos tan dispares como a televisión, o periodismo, a publicidade ou a política. Mesmo nalgúns países, como Marrocos, se prohibiu porque algúns grupos o utilizan con fins políticos. As noticias, se corren por Youtube, corren máis rápido.

A sinxeleza como principio

O segredo de YouTube non é outro que a sinxeleza que envolve todo o proceso de edición, subida á Rede e distribución de calquera vídeo. Abrir unha conta de usuario en YouTube, ou en calquera dos sistema que naceron ao seu ronsel, é sinxelo: abonda co nome, os apelidos, unha dirección de correo, un alcume e un contrasinal. Despois, só hai que darlle ao botón de "subir un vídeo" para que o portal permita ao internauta elixir un vídeo do seu escritorio e aloxalo en Internet. Nuns poucos minutos estará dispoñible para todo o mundo. Unha vez publicado, compartilo é tan sinxelo como copiar un enlace e poñelo no correo electrónico. Tamén é moi doado, se se conta cunha páxina web persoal, publicar un vídeo nun par de premas sen ter que preocuparse pola tecnoloxía que sustenta o proceso. E esta facilidade para a distribución de contidos audiovisuais chegou no momento xusto: millóns de persoas teñen no seu peto unha cámara de vídeo (por exemplo, a do móbil) para captar calquera acontecemento.

Ao poder da imaxe únese a sinxeleza de estendela a gran velocidade na Rede, o que en termos de mercadotecnia se coñece como "viralidade": a capacidade de multiplicarse como un virus, "infectando" miles, mesmo millóns de persoas, en horas ou días. Así, un usuario que acaba de ver o vídeo pode recomendalo aos seus coñecidos, estendendo así o seu "efecto". O vídeo non se descarga, senón que se ve segundo se vai recibindo, por iso se reducen as esperas ao mínimo e se consegue que o usuario que desexe velo de novo teña que volver á páxina. Nada se garda no equipo do usuario.

Conflitos coa propiedade intelectual

Pero a sinxeleza de uso dos vídeos con tecnoloxía "flash" propiciou tamén numerosos conflitos, porque o fenómeno é tan doado de estender como difícil de controlar ou deter. No ámbito xornalístico, moitas imaxes adiantáronse ás noticias dos telexornais, e cando chegaron ás televisións os espectadores xa as viran. O ano pasado demostrouse a súa influencia co vídeo do cantante e músico El Koala coa súa canción "Opá mi vi a jasé un corrá", que conseguiu grazas á súa fama en Youtube promocionar un disco e facer unha xira estival. Ou o videoclip, ideado por unha axencia publicitaria para a MTV, "Amo a Laura"", que simulaba ser unha campaña contra a cadea televisiva musical orquestrada por unha asociación xuvenil e que correu como a pólvora de email en email.

Pero os usuarios non só comparten os vídeos que eles mesmos gravaron. Varias cadeas de televisión mostraron o seu descontento co feito de que usuarios "suban" a Youtube os seus programas sen contar cos dereitos. Así, en Youtube hai miles de fragmentos protexidos polo copyright, pero que están dispoñibles para os espectadores de modo gratuíto. Tamén as xestoras de dereitos audiovisuais para o deporte están expectantes ante o auxe do vídeo en Internet: os goles máis espectaculares do fútbol esténdense pola Rede e non entenden de idiomas nin de fronteiras. Márcanse no Camp Nou ou o Bernabéu, pero vense en Beijing e en Seúl dez minutos despois de producirse. E o mesmo pasa cos anacos lendarios das películas, as actuacións memorables dos grupos de música pop ou as imaxes de arquivos históricos. Todo se comparte online sen permiso.

O sistema segue sen contar cun control "a priori", polo que dende que Google comprou YouTube sucedéronse as demandas para que o buscador retire os contidos con dereitos de autor que subiron os usuarios. A tarefa é titánica, similar a poñerlle portas ao campo, porque aínda que Google retira todos os contidos reclamados, o ritmo de novas incorporacións é moi superior.

Os outros Youtube

  •   Google Videos: Dende a compra de Youtube por parte de >Google veuse especulando co destino deste portal, o segundo en número de visitas. Moitas voces auguraron que rematará fundíndose con YouTube, pero tal fusión non parece que se vaia producir. Google Videos é un lugar diferente, destinado a contidos con mellor calidade de imaxe e de temática máis profesional que Youtube. Neste portal pódense atopar documentais de longa duración sobre os máis variados temas.
  • Metacafé: É o terceiro portal en relevancia tras YouTube e Google Videos, se ben se parece máis ao primeiro. Metacafé está orientado ao usuario que crea vídeos e non ao que os copia doutro lugar. Foi o primeiro portal en repartir os ingresos da publicidade entre aqueles que subían vídeos propios. Algúns usuarios (os menos) afirman que con este modelo de negocio chegaron a gañar máis de 30.000 euros ao mes.
  • ClipSync: >Clipsync é unha aplicación web que permite ver vídeos mentres se chatea sobre eles cos amigos ou con xente que comparte os mesmos gustos. O orixinal desta iniciativa atópase en que os usuarios poden seleccionar contidos de sitios como YouTube, Google Video ou Metacafe. A visión prodúcese ao mesmo tempo para todos os usuarios, coma se fose un salón virtual.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto