Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Turismo urbano: proba práctica en 18 cidades: As cidades aínda non pensan abondo nos turistas que as visitan

A adaptación das capitais ao turismo urbano mellorou nos últimos anos. O peor, o estado das estacións de trens e de autobuses e a escasa accesibilidade de servizos como o bus turístico

A cidade ideal para o turista

A cidade ideal para o turista é aquela que cobre as súas necesidades dende a súa saída ata o seu regreso á casa. Para iso debe ofrecer os seguintes servizos:

  • Información: moitos viaxeiros preparan as súas saídas axudándose das novas tecnoloxías. De aí que sexa moi importante que a cidade ofreza unha información útil a través da rede, con datos sobre aloxamento, lugares que se poden visitar, zonas de lecer... Maior é a relevancia das oficinas de turismo, que deben ofrecer un servizo útil que inclúa os puntos de interese turístico, onde aloxarse, a oferta cultural e de lecer e todo tipo de recomendacións.
  • Conexións: a cidade debe contar con boas conexións. As estacións de trens e autobuses, aeroportos ou portos son o punto de chegada para moitos turistas e é alí onde buscan nun principio información sobre o destino, de aí a utilidade de puntos de información.
  • Transporte urbano: unha localidade turística debe ofrecer un bo transporte metropolitano (autobuses, metro, tranvía, taxi...).
  • Aloxamento: unha cidade ten que dispoñer dunha ampla oferta de aloxamento e de calidade.
  • Transporte turístico e visitas guiadas: algúns turistas prefiren percorrer a cidade pola súa conta, pero outros buscan coñecer lugares da man dun guía que achegue unha información extra.
  • Oferta gastronómica, lúdica e cultural: a chave do turismo urbano. Unha cidade resultará atractiva se conta con museos, cascos históricos rehabilitados, monumentos, centros culturais, teatros... así como cun amplo abano de restaurantes, bares e cafeterías.
  • Tráfico amable: o coche é outro dos medios de transporte dos turistas. Por iso, unha cidade gañará puntos se ofrece un tráfico fluído, sen aglomeracións nin atoamentos.
  • Sinalización: que un turista non se perda é algo fundamental, polo que a cidade debe contar con suficientes sinais en bo estado e visibles que indiquen a dirección a lugares de interese.
  • Destino turístico seguro: a seguridade nas rúas é un elemento clave para que o viaxeiro se sinta tranquilo e relaxado.
  • Cidade limpa e sostible: ruídos, contaminación, sucidade... non son pratos de bo gusto para o turista.

TÁBOA COMPARATIVA

Pensan as cidades españolas no turista?. 18 delas, a exame
Cidade Sinalización (1) Oficina de Turismo (2) Visita guiada/Bus turístico (3) Estacións de transporte (4) Nota media final
A Coruña Ben Aceptable * Regular Regular
Alacante Ben Moi Ben Moi Ben Aceptable Ben
Barcelona Ben Ben Excelente Ben Moi Ben
Bilbao Ben Ben Ben Aceptable Ben
Córdoba Moi Ben Regular Aceptable-Ben Ben Aceptable
Granada Moi Ben Ben Moi Ben Aceptable Ben
Madrid Aceptable Aceptable Ben Ben Ben
Málaga Ben Aceptable Ben-Moi Ben Aceptable Ben
Murcia Moi Ben Aceptable Moi Ben Regular Aceptable
Oviedo Ben Ben * Ben Aceptable
Pamplona Moi Ben Ben Moi Ben Regular Aceptable
San Sebastián Ben Ben Ben Regular Aceptable
Santander Aceptable Regular * Regular Regular
Sevilla Ben Ben Moi Ben Regular Aceptable
Valencia Moi Ben Ben Ben-Moi Ben Aceptable Ben
Valladolid Moi Ben Ben Ben Regular Aceptable
Vitoria Ben Moi Ben Moi Ben Regular Aceptable
Zaragoza Aceptable Ben Ben Aceptable Aceptable
Media Ben Aceptable Ben Regular Aceptable

(1). Sinalización: mediuse a facilidade para localizar os principais destinos de interese turístico de cada cidade así como para transitar por ela. Tamén se valorou a cantidade de sinalización existente (hoteis, oficinas de turismo, estacións de transporte, hospitais, etc.) e o seu estado de conservación.

(2). Oficina de Turismo: Valorouse, tras unha única visita, a atención facilitada en cada oficina de turismo, a cantidade, calidade e detalle da información subministrada e mais o interese amosado polos gustos e preferencias do turista. Comprobouse tamén se as oficinas estaban adaptadas a minusválidos, o seu estado de limpeza e conservación, os horarios de atención ao público e se contaban con persoal abondo de atención ao público. En definitiva, comprobouse se o turista sae da oficina coa sensación de que obtivo unha información útil e detallada sobre a cidade que se dispón a visitar.

(3). Visita guiada/bus turístico: Comprobouse se os percorridos se axustan ao ofertado e comezan á hora prevista, a profesionalidade de guías e condutores, os idiomas nos que se facilita a información (e se esta se dá por escrito), se as explicacións son detalladas, etc. Ademais, valorouse a variedade de oferta existente en cada cidade para ambos os dous servizos, os seus prezos e descontos.

(4). Estacións de transporte: valorouse a limpeza, accesibilidade e estado de conservación das estacións de autobuses e trens de cada cidade. Ademais, comprobouse se nelas se lle facilita ao viaxeiro algún tipo de información turística, se contan con oficinas de turismo (e se permanecen abertas o sábado), se hai fotografías, imaxes, ou descricións sobre a cidade e os seus lugares, edificios, monumentos, etc. emblemáticos, así como se existe algún sistema de información turística alternativa (ordenadores, mensaxes por SMS ou bluetooth, etc.).

* Non se valorou o servizo de visita guiada ou bus turístico, porque ou ben carecía deles ou ben porque non estaban en funcionamento no momento de realizar o estudo.

O que custa ver a cidade cun guía ou nun autobús turístico
Cidade Prezo autobús turístico Prezo visitas guiadas
A Coruña Só no verán Só no verán
Alacante Non hai 8
Barcelona 19 9,5
Bilbao 12 4
Córdoba 6 14
Granada 12,4 10
Madrid 15,3 3,25
Málaga 15 Gratuíta
Murcia Non hai Gratuíta
Oviedo Non hai Só oferta privada
Pamplona Non hai 5
San Sebastián 12 5
Santander Só no verán Só no verán
Sevilla 15 Só oferta privada
Valencia 12 Só oferta privada (1)
Valladolid 5 Só no verán
Vitoria Só no verán 3
Zaragoza 4,2 4,2

Prezos en euros.

(1). Valencia: alúganse tamén audio-guías mediante mp3 (10 euros medio día e 15 euros o día completo) na oficina de turismo municipal.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto