Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Turismo urbano: proba práctica en 18 cidades: As cidades aínda non pensan abondo nos turistas que as visitan

A adaptación das capitais ao turismo urbano mellorou nos últimos anos. O peor, o estado das estacións de trens e de autobuses e a escasa accesibilidade de servizos como o bus turístico

 O turismo é un fenómeno cada vez máis urbano. Aínda que as praias se converten durante o verán nos principais puntos de peregrinación, os grandes atractivos culturais, históricos, artísticos ou lúdicos ao longo do ano, e tamén na época estival, teñen nome de cidade. A satisfacción das expectativas do turista urbano depende de numerosos factores, entre eles, o esforzo económico e loxístico das cidades por facer máis agradable, cómodo e sinxelo o percorrido do visitante polas súas rúas e prazas.

CONSUMER EROSKI analizou a adaptación ao turismo urbano de 18 capitais españolas: A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Santander, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Para iso estudou a sinalización aos principais puntos de interese turístico, a calidade na atención da oficina de turismo, a existencia de autobús turístico, a oferta de visitas guiadas, o estado de conservación e limpeza dos lugares visitados, e mais o grao de accesibilidade da cidade e se se lles dá información de interese aos visitantes que chegan ás estacións de autobuses e trens. Amais de lles solicitaren unha información pormenorizada aos responsables municipais, os técnicos da revista acudiron a capitais descoñecidas para eles e fixéronse pasar por turistas para realizaren unha comprobación in situ destas variables.

A principal conclusión é que as cidades aínda non pensan abondo na comodidade do turista que transita polas súas rúas. A valoración global non pasa dun mediocre "aceptable", aínda que si se rexistra unha evolución positiva con respecto a un estudo semellante elaborado por esta revista no 2003, que se saldou cun rotundo "mal". Agora, o acceso tanto ao centro da urbe coma aos principais lugares de interese (hoteis, monumentos, museos e as propias oficinas de turismo) é unha tarefa relativamente doada grazas a unha sinalización, en liñas xerais, axeitada. Tamén merece o aprobado a atención que se brinda nas oficinas de turismo das 18 cidades visitadas, así como a oferta de autobuses turísticos e de visitas guiadas, malia que nestes dous últimos casos a accesibilidade para persoas con minusvalidez dista de ser a desexable.

  As principais deficiencias atópanse nas estacións de trens e, especialmente, nas de autobuses, dous dos puntos de chegada máis relevantes das cidades, debido ás carencias rexistradas en aspectos como limpeza, conservación e información turística. Neste apartado suspende o 44% das cidades obxecto de estudo, mentres que só o 22% acadan un "ben" e o resto un mediocre "aceptable".

Cando se chega ao destino elixido para pasar uns días de lecer a ninguén lle gusta sentirse perdido ou non situarse e ter que se dirixir continuamente aos transeúntes para atopar o lugar desexado. É velaquí é onde a presenza de sinais xoga un papel relevante, especialmente as que indican o centro da cidade, a zona na que, polo xeral, se atopan moitos dos puntos de interese turístico da localidade. En Barcelona, Madrid e Zaragoza estas non eran abondas, se ben foi posible chegar ao centro de todas as cidades visitadas sen grandes dificultades. Tamén se constatou a dotación apropiada das que orientan cara a puntos de interese turístico, hoteis e hospitais. Pola contra, catalogáronse como escasas as que guían cara ás oficinas de turismo, estacións de trens e autobuses, e aínda son menos habituais as que sinalan a dirección a aeroportos e comisarías de Policía.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto