Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

EN IMAXES |: A transhumancia: do pasado cara ao progreso

A transhumancia, o sistema de explotación gandeira utilizado dende tempos inmemoriais en España, ofrece hoxe un valor que vai moito máis alá do testemuño dun tempo e dun modo de vida moi afastado das présas e angustias das grandes cidades. O paso da Mesta amosouse como un xeito eficaz de protexer a biodiversidade e de manter as vías pecuarias para que continúen sendo corredores ecolóxicos, refuxio de fauna e flora. É, ademais, un sistema natural de aproveitamento dos recursos que ofrece o campo, e o mellor xeito de adaptarse ao clima sen tratar de loitar contra el. Cada ano, a finais do mes de xuño, comeza o periplo e a volta farase en novembro. Un das máis fermosas mostras atópase en terras abulenses, en pleno corazón da Serra de Gredos.

  
Ruben García Blázquez

A vía romana pecuaria

Varios séculos ollan para unha calzada de pedra que separa o inverno do verán para as cabezas de gando que pisan as súas lousas. Guiado polos pastores, ao final da primavera milleiros de cabezas de gando foxen da calor das devesas estremeñas, e no epílogo do outono abandonarán os pastos da Serra abulense. A transhumancia permite aproveitar os pastos de alta montaña entre os meses de xullo e novembro e os campos baixos de decembro a xuño.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Vixilia de quince días no sendeiro

Precísanse preto de dúas semanas para que o gando transite os 300 quilómetros que o devolven ao lugar que abandonaron seis meses atrás. As reses adoitan percorrer unha media de 25 quilómetros ao día. Para que a viaxe sexa eficaz, os gandeiros pactan e distribúense as datas de paso dos seus rabaños. Algunhas destas procesións superan as 300 cabezas de gando.

  
Ruben García Blázquez

A pé, en camión ou en tren

A palabra transhumancia invita a pensar nos camiños de po, pero tamén significa utilizar camións e trens para trasladar as cabanas. Os tres sistemas conviven, pero son cada vez máis as voces que avogan por protexer as vías pecuarias tradicionais como a Cañada Real Leonesa Occidental, a Ruta da Plata, a Cañada Real Soriana Occidental e o Cordel do Val que chega ata o alto do Porto de Tornavacas. Das 46.000 reses que percorreron as calzadas en 1990, 31.000 fixérono andando. 15 anos despois, 30.000 foron trasladadas en camión, e 18.000 salvaron a distancia polos camiños.

  
Ruben García Blázquez

Unha imaxe pretérita para o futuro

Os expertos auguran que as rexións gandeiras apostarán pola reutilización de sistemas de explotación antigos, aínda que adaptados ás novas tecnoloxías. Pero é difícil atopar pastores capaces de conducir o gando. É un oficio antigo e moi valioso, pero que está a quedar orfo pola dureza das súas condicións de traballo. A idade media sitúase en 50,5 anos, dato elocuente da regresión que este sistema pastoril vive na actualidade. Tamén é evidente a deterioración crecente das vías, pero non hai dúbida de que o uso rotacional e estacional dos pastos, a prevención de incendios mediante o pastoreo, a diminución de cargas gandeiras que obrigan a rendibilizar espazo e a creación de distintivos de calidade non son xa reivindicacións publicitarias. A sociedade cada día esíxelle máis calidade aos produtos. Unha calidade que non se limita ao resultado final, senón que se vincula coa orixe, o respecto do medio e a biodiversidade.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Un camiño de ida e volta

A práctica da transhumancia está moi vinculada co aproveitamento de terreos comunais, estendidos nos pastos de serra, propiedade, en moitos casos, dos concellos. É un exemplo de patrimonio compartido, pero en ocasións os pastores están obrigados a arrendar as devesas de invernada o tempo suficiente como para poder regresar á serra. O regreso é tan importante como o foi a ida. A permanencia fóra de tempada é inviable. O gandeiro non se pode permitir facelo, e o gando sofre a escaseza de auga. Cómpre chegar aos agosteiros da Serra a tempo.

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto