Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Valor de reparación e valor venal

A aseguradora paga o valor venal, pero non a reparación do coche

 O propietario dun vehículo sufriu un accidente de tráfico pola conduta neglixente doutro condutor. O coche fora adquirido no mercado de segunda man un ano antes por 12.600 euros, e o importe da reparación ascendía a 12.240 euros. Segundo a aseguradora do responsable do accidente, a indemnización que cumpría aboar era a correspondente ao valor venal do vehículo, 7.000 euros, notablemente inferior ao custo do arranxo. O prexudicado solicitou un crédito para reparar o coche e, mentres permaneceu o vehículo no taller, alugou un vehículo. Posteriormente demandou á compañía de seguros reclamando o valor de reparación, e mais os gastos do crédito e do alugueiro de vehículo. E gañou o xuízo, salvo no apartado do alugueiro, xa que non se acreditou nin a actividade á que se dedicaba o vehículo nin a actividade profesional ou laboral do prexudicado. Non obstante, a Audiencia Provincial de Pontevedra, en sentenza do 13 de agosto de 2006, concedeu o custo da reparación porque considerou que a diferenza económica entre valor venal, valor de reparación e valor de adquisición doutro similar de segunda man non eran desproporcionados.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto