Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Leva en seis ocasións o seu coche novo ao taller para arranxar a mesma avaría

Dende que merquei o coche, leveino en seis ocasións ao taller para que arranxasen a mesma avaría, pero segue fallando. Os técnicos cambiaron a mesma peza en catro ocasións e agora repítenme o mesmo argumento que utilizaron na terceira reparación: que modificaran a peza. Envieille unha carta ao fabricante detallando as numerosas incidencias e reclamando a devolución do prezo pagado. Poderíanme dicir que máis podo facer ao respecto?

  A Lei de garantías de bens mobles di que cando un ben non se axusta ao contrato, o consumidor pode elixir entre esixir a reparación ou a substitución do ben, salvo que unha destas opcións resulte imposible ou desproporcionada. Dende o momento en que o cliente lle comunica ao vendedor a opción elixida, ambas as dúas partes deben aterse a ela. No caso consultado, optaron pola reparación, que se debe levar a cabo nun prazo razoable e sen maiores inconvenientes para o consumidor. Segundo a lei, se concluída a reparación e entregado o ben, segue sen se axustar ao contrato, o comprador poderá esixir a súa substitución, sempre que sexa posible e non desproporcionada, así como unha rebaixa do prezo ou a resolución do contrato.

Ante tantas reparacións sen resultado, o afectado ten dereito a reclamar a substitución do vehículo por outro de iguais características nun prazo razoable ou, se a falta da peza en cuestión é de escasa importancia por non afectar á funcionalidade e seguridade do vehículo, pode esixir a rebaixa do prezo. Dado que xa lle reclamou ao fabricante a devolución do prezo e do coche, suxerímoslle que volva reclamar propondo a opción da substitución. Esta reclamación débese dirixir ao vendedor, que é o garante segundo a lei. Se non atende a súa solicitude ou o remite ao Servizo de Atención ao Cliente do fabricante, acuda a unha OMIC. Pódelle interesar ademais contratar os servizos dun avogado para que intente un acordo extraxudicial e para que o defenda no xuízo, chegado o caso.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto