Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Persianas: O illante móbil

Protexen fronte aos ruídos do exterior e permiten reducir ata nun 20% as perdas de calor en inverno

  As persianas illan fronte ao frío, a calor e os ruídos. Segundo o material e o grosor das lamas, poden reducir ata un 20% as perdas de calor, co conseguinte aforro no consumo de calefacción, ou axudar a manter fresco o ambiente sen necesidade de utilizar o aire acondicionado. Ademais, son unha boa axuda para acabar cos ruídos que se coan dende o exterior.

Pero as persianas son tamén un importante elemento decorativo. As novas tendencias amplían as tonalidades de branco, gris e marrón, as cores máis clásicas, para conseguir unha total integración no conxunto da fachada e o resto da decoración. O caixón onde se garda a persiana enrolada adoita ter a mesma cor que o resto da estrutura.

No tocante á súa situación, habitualmente están no exterior das ventás, expostas ao frío, o sol e a chuvia. Así e todo, pódese manter a cor grazas ao lacado ou esmaltado das lamas. Os materiais de que están feitas -aluminio, pvc ou madeira principalmente- e o seu tratamento impiden que se deformen ante condicións ambientais adversas.

Un modelo para cada fiestra

  • Enrolables. É o sistema máis utilizado nos fogares. A persiana elévase mediante unha fita, que pode ir encaixada no marco da ventá, dentro da parede ou nunha caixa abatible. Cando a fita rompe, hai que abrir o caixón para cambiala. Se se lixa, a mestura de auga quente cun produto específico, como o amoníaco, ofrece bos resultados. As lamas pódense limpar cun pano húmido ou con vapor de auga.
  • Venecianas. Máis lixeiro có sistema anterior. Permite graduar a cantidade de luz que entra nun cuarto. Está composto por finos listóns en posición horizontal, que se inclinan para deixar pasar a luz e que, ao subilos, se amorean doadamente uns sobre outros. Pódense atopar en diferentes cores e fabrícanse con aluminio, madeira ou pvc. Estas últimas son as máis comúns. Unha boa solución para a cociña ou o baño. Prezo:A partir de 23 euros/m2.
  • Alacantinas. Son persianas enrolables mediante unha corda ou cadea, pero con lamas máis estreitas. Son boas de lavar, admiten diferentes materiais e son moi utilizadas en pisos antigos. Ademais, véndense en diferentes cores, incluídas algunhas tan rechamantes como o vermello ou o azul, polo que tamén son útiles como elemento de decoración. Prezo: 25 euros/m2.
  • De seguridade. Utilízanse especialmente para pisos baixos e para vivendas unifamiliares. Están preparadas para que as lamas se bloqueen ao intentar levantalas dende o exterior. Adoitan estar fabricadas de aluminio extrusionado, un material moi resistente.

Materiais

  • Madeira. Cada vez emprégase menos, xa que esixe un coidado frecuente. Estas persianas achegan calidez e son máis robustas, pero é necesario vernizalas unha vez ao ano. Outro risco é a aparición de couza. A madeira de piñeiro é unha das máis utilizadas. Prezo: Dende 75 euros/m2.
  • PVC. É o material máis empregado para a súa instalación no fogar. O mantemento é sinxelo, aínda que a deterioración das lamas é maior. Son baratas e poden estar recheas de poliuretano, que lles achega maior resistencia. As persianas de pvc son boas de limpar, a súa colocación é sinxela e pódense pintar. Prezo: Dende 22 euros/m2.
  • Aluminio. As lamas están recheas de escuma illante de poliuretano, o que as converte nun excelente illante do frío e do ruído. Os tipos de aluminio utilizados son:
    • Laminado. Máis duras cás de pvc, resisten mellor o paso do tempo e a perda da cor por efecto do sol. Prezo: Dende 33 euros/m2.
    • Extrusionado. É o material máis resistente e, polo tanto, un dos máis caros. Emprégase nas persianas de seguridade para impedir que sexan forzadas dende o exterior. Prezo: Dende 90 euros/m2.

Persianas automáticas

 As persianas automáticas funcionan mediante un motor instalado no eixe de rotación. Os dous mecanismos de elevación son o telemando e o botón. Cun sinxelo xesto, as persianas soben ou baixan de modo gradual. Isto favorece a conservación do motor e alonga a vida da propia persiana.

Por outro lado, grazas á electrónica, pódese lograr que todas as persianas suban ou baixen á vez. Mesmo é posible programalas para que se eleven cos primeiros raios de sol e se baixen soas cando descenda a temperatura ou comece a escurecer. É un xeito de evitar a perda de calor para aforrar enerxía e simular a presenza de xente no interior, aínda que a casa estea baleira.

Non obstante, a súa instalación é máis custosa, ao igual que a súa reparación. É necesario que teñan preto un enchufe e, cando se estraga o motor, a persiana adoita quedar inutilizada, posto que non emprega fitas e a maioría dos modelos carecen de mecanismos manuais de emerxencia. Prezo: Hai que calcular por separado o custo das lamas e o do motor, que oscila entre 120 e 300 euros.

Alternativas ás persianas

  • Estores. En diferentes tecidos, dificultan o paso do sol, pero non obstaculizan por completo a entrada de luz. Suxéitanse a ambos os dous lados da ventá e acciónanse mediante un cordón, que permite pregalos. Son baratos (o custo está en función do tecido) e bos de instalar. Prezo: Dende 20 euros/m2.
  • Mosquiteiras. Máis que impedir o paso da luz, dificultan a entrada de insectos. Poden ser fixas, enrolables ou corredizas. Véndense en diferentes cores e están fabricadas a partir de aluminio, pvc ou fibra de vidro. O primeiro adoita empregarse para o marco, mentres que o pvc e a fibra de vidro se reservan para a malla do interior. Permiten manter abertas as ventás polo verán, sen sufrir molestas picaduras de mosquitos. Prezo: Dende 25 euros/m2.
  • Celosías. A súa función é similar á dunha reixa, aínda que a estética é máis decorativa. Empréganse en pisos baixos para dificultar o acceso ao interior e en zonas que necesitan ser ventiladas. Son fixas e pódense orientar segundo as necesidades. Prezo: Dende 50 euros/m2.
  • Toldos. Colócanse no exterior da ventá ou terraza, principalmente para non deixar pasar o sol e a calor. O máis importante é a elección da lona e o mecanismo de elevación, que pode ser mediante manivela, botón ou accionado por un mando a distancia. As lonas acrílicas reducen a adherencia do po ou a aparición de mofo. Prezo: Dende 200 euros/m2.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto