Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Outras informacións sobre Novas Tecnoloxías: Ambient devices: Obxectos que decoran e informan / Zipear / Breakout

NAVEGAR Á CARTA

Ambient devices: Obxectos que decoran e informan

Unha nova moda vincula as novas tecnoloxías coa decoración. Trátase dos "ambient devices", obxectos que, amais de valor estético, achegan información. Non se trata de que as lámpadas ou os floreiros falen nin fagan soar unha alarma para avisar de que teñen algo importante que comunicar. O habitual é que cambien de cor ou de forma para dicir que vai chover, que a bolsa anda revolvida ou que hai moito tráfico en determinada estrada.

"Ambient Devices"

 É unha empresa que pretende informar sen estorbar ao usuario, sen sobresaltos e coa máxima sofisticación. Os "Ambient Orb, por exemplo, son óvalos de lava que cambian de cor, dende os azuis turquesa aos tons mango, se cambia a humidade ambiental, a presión atmosférica ou a cantidade de pole no ambiente.

Ambient Umbrella" é o paraugas máis informado. O seu mando (á parte de que sobresae do paraugueiro e que o usuario o pode ver facilmente), cambia de cor dende o vermello ao azul cobalto en función de se se esperan tormentas. Outro produto da empresa é o "Ambient Clock", que se coordina coa páxina de Google Calendar do usuario (un servizo de axenda de recordatorios online) para avisalo cando ten unha cita.

"LG Side By Side"

 Un frigorífico, amais de servir para conservar produtos, tamén serve para pegar no seu exterior adhesivos magnéticos ou notas para acordarse de cousas. LG ofrece un modelo específico que moderniza esta función cunha pantalla para ver todo tipo de informacións. Noutra pantalla colateral pódense cargar fotos dixitais, ou tamén programar o sistema para que lembre datas sinaladas e avise cuns días de antelación.

"Nabaztag"

 Nabaztag é un delicioso coelliño-robot de pequenas dimensións que se sincroniza coa Rede, de xeito que se pode programar para que avise cando a bolsa sobe ou baixa, ou cambia o tempo. El farao poñéndose vermello e movendo as orellas. Tamén avisa da chegada de novos correos á bandexa do correo electrónico do seu dono, e ademais cantará se este así o desexa. Todos estes servizos pódense programar dende a páxina de Internet da empresa que o fabrica.

"Weather Beacon"

 O seu obxectivo e as súas características son moi semellantes ás do "Ambient Orb". É unha sofisticada e relaxante lámpada de lava en forma de cubo alongado e rectangular que cambia de cor segundo as condicións ambientais.

O TERMO DO MES

"Zipear"

 O termo describe o moito que se popularizaron entre os usuarios de Internet, en especial entre aqueles que comparten arquivos pesados, os formatos de compresión. "Zipear" significa reducir o peso dun arquivo, comprimir a súa cantidade de información, de xeito que ocupe menos memoria no disco duro, nunha memoria USB ou nun CD. Así, tardan menos en chegar a través de Internet. Por iso, as mensaxes de correo electrónico de Google ou de Outlook se comprimen antes do seu envío.

A compresión dun arquivo acádase de diversos xeitos, e baséase na substitución da información prescindible ou repetida por outra máis sinxela. Por exemplo, nun texto, coas palabras repetidas abondaría con indicar o número de veces que se repiten e cal é a súa posición. Así, non se perde información. No caso dun arquivo de audio, non obstante, quítanse os sons máis graves e agudos, os extremos, porque se considera que o oído humano non os percibe; así dáse reducido ata vinte veces o peso dunha canción dixital, pero cunha mingua (practicamente imperceptible) na calidade.

Os formatos de compresión son numerosos, e cómpre distinguir entre aqueles específicos para datos e os que comprimen multimedia. Destes últimos, MP3 é o máis coñecido, aínda que hai outros como OGG ou MPEG4. Dos primeiros, úsanse o RAR e mais o ZIP, que lle dá nome ao termo descrito e que foi creado por experto en cifrado de datos Phil Katz, que posteriormente o liberou á comunidade.

O VÍDEO DO MES

"Breakout"

 Dise que os xaponeses son os reis do "frikismo", esa estraña filosofía que mestura elementos como a tecnoloxía e os concursos de televisión con resultados case sempre surrealistas. Este vídeo mostra un lote de enxeño, tanto na posta en escena como na execución, deste concursante nipón que converte a súa boca na pelota dun popular videoxogo dos anos oitenta, chamado "Arkanoid". O xogo era semellante a un partido de tenis, pero contra un muro de ladrillos, e a medida que a pelota tocaba un ladrillo este desaparecía; ata eliminar todos os ladrillos. Para a ocasión, o concursante substitúe os ladrillos por... nubes de azucre!


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto