Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O desexo dunha parella de ser pais pódese transformar, se se alonga no tempo, en frustración, ansiedade, dor e rabia
A expresión "pasar o arroz" dá comezo a un dos interrogatorios máis recorrentes para familiares, amigos e compañeiros dunha parella que aínda non ten descendencia. Cando ambos os dous decidiron que aínda non é o momento de aumentar a familia non deixa de ser unha frase feita inofensiva. Agora ben, cala fondo e remove entrañas cando a parella devece por ter un bebé e pasan os meses sen poderen comunicar a boa noticia.
Unha vez que decidiu dar o paso, cada mes agarda o novo acontecemento con expectación, ilusión e nerviosismo, en especial os días en que a muller menstrúa. Por iso, cando o corpo anuncia que nada cambiou e que todo transcorre con normalidade, ao igual ca os meses anteriores, pódense vivir importantes momentos de frustración, e a dor e a rabia atopan canalizacións de todo tipo.
Nestes casos razóase con argumentos como "non se vai atinar á primeira", "isto leva o seu tempo"... Pero cando os meses transcorren sen que a muller quede embarazada, o tempo transfórmase no peor inimigo da parella e cada regra se vive con máis angustia. A decepción multiplícase e as frustracións fanse patentes xerando tristura, rabia, impotencia e cargando de ansiedade as relacións sexuais. O pracer destes encontros quedará relegado na maior parte dos casos a un segundo plano e prevalecerá o obxectivo da reprodución. O desexo quedará lastrado así pola ansiedade, o que dificultará aínda máis a obtención daquilo que se quere conseguir.
A ilusión da parella de compartir o nacemento e a vida dunha terceira persoa é compartida, como o é tamén o sentimento de decepción e a angustia cando non se logra. Non obstante, hai algunhas especificidades na muller e no home:
Cada menstruación séntese como un "mazazo" ao desexo de ser nai.
Tende a non exteriorizar tanto a desilusión sufrida.No medio deste cúmulo de sentimentos, a presión do ambiente xoga un papel importante. Aínda que a sociedade evolucionou moito neste sentido, aínda persiste como convención social unha certa "obrigatoriedade" da parella de traer fillos a este mundo, xustificándose ademais como un feito "natural".
Dependendo dunha maior ou menor hostilidade do medio, a parella tende a illarse e a non comentar abertamente o problema que están a padecer. Doutra banda, é un tema catalogado como íntimo e, polo tanto, comunícase e particípase de xeito confidencial a persoas moi próximas. Este silencio propicia que aumente a profundiade da dor, a sensación de soidade, porque sentimos que somos os "únicos" aos que nos está a acontecer.
Non obstante, a información sobre a onde acudir para que un profesional realice un diagnóstico preciso é cada día maior, o que xera un efecto tranquilizador, xa que se pode comezar a tomar as medidas que correspondan en cada caso.
Con independencia de qué membro da parella teña o problema físico, se o houbese, debe quedar claro que a solución, como darse apoio, corresponde a ambos os dous. Non obstante, pódese vivir o caso de que a pesar de todas as mostras de cariño e comprensión, o proceso médico para lograr o embarazo se alongue e se teña a sensación de estar nun túnel sen saída. Se isto acontece, é conveniente contar con asistencia psicolóxica para valerse dunhas pautas sobre como afrontar a situación día a día e non caer na desesperanza.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI