Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
As carencias en servizos e accesibilidade para minusválidos, principais puntos fracos, xunto coa seguridade e a asistencia sanitaria. As deficiencias medran canto menor é a categoría, e o prezo, do cámping
Os cámpings tamén se van sumando ás novas tecnoloxías: en un de cada tres había servizo de Internet para o usuario e en máis do 30% instalaran zona wifi (sistema sen fíos que permite a conexión a Internet).
A iso súmase o feito de que o 81% dos cámpings analizados dispón de páxina web. Dos que teñen, máis da metade ofrécelle ao cliente a posibilidade de realizar a súa reserva por Internet.
A cultura da reciclaxe de residuos, cada vez máis espallada nos fogares españois, continúa a ser unha materia pendente nos cámpings. Os colectores para a reutilización de materiais como o vidro, o papel, o cartón e as pilas escasean en moitos cámpings.
Só na metade das instalacións hai colectores para papel/cartón e pilas, cantidade que ascende ata o 64% nos colectores de vidro.
| Provincia (*) | Información ao usuario 1 | Mantemento e limpeza 2 | Accesi- bilidad e 3 | Equipamento e servizos 4 | Seguridade e asistencia médica 5 | Nota Media Final |
|---|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Aceptable | Ben | Muy Mal | Regular | Aceptable | Regular |
| Álava | Regular | Moi ben | Regular | Regular | Aceptable | Regular |
| Alacante | Moi ben | Excelente | Ben | Moi ben | Ben | Moi ben |
| Asturias | Ben | Ben | Mal | Aceptable | Ben | Aceptable |
| Barcelona | Aceptable | Ben | Mal | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| Cantabria | Aceptable | Ben | Regular | Ben | Aceptable | Aceptable |
| Córdoba | Ben | Ben | Regular | Ben | Ben | Ben |
| Granada | Aceptable | Ben | Aceptable | Ben | Ben | Ben |
| Guipúscoa | Aceptable | Ben | Muy Mal | Regular | Aceptable | Regular |
| Huesca | Ben | Moi ben | Muy Mal | Aceptable | Ben | Aceptable |
| Madrid | Regular | Ben | Aceptable | Ben | Ben | Ben |
| Málaga | Aceptable | Ben | Regular | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| Murcia | Ben | Ben | Regular | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
| Navarra | Moi ben | Excelente | Mal | Ben | Ben | Ben |
| Valencia | Ben | Moi ben | Mal | Aceptable | Ben | Ben |
| Valladolid | Moi ben | Excelente | Aceptable | Ben | Ben | Ben |
| Biscaia | Ben | Excelente | Moi ben | Moi ben | Ben | Moi ben |
| Zaragoza | Regular | Ben | Mal | Regular | Aceptable | Regular |
| Media | Ben | Moi ben | Regular | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
* Visitáronse un total de 101 cámpings: 10 en Madrid e Barcelona, 8 de Alacante e Málaga, 7 situados en Murcia e Valencia, 6 das provincias da Coruña, Cantabria, Granada, Guipúscoa e Navarra, 5 en Huesca, 4 en Asturias, 3 en Córdoba e Biscaia e dous en Valladolid, Álava e Zaragoza.
(1) Información ao usuario: analizouse a cantidade e variedade de información facilitada aos clientes: carteis, sinalización, horario de recepción, idiomas nos que se facilita a información, disposición de mapas ou planos de orientación nas instalacións, existencia de caixa de correo de suxestións, follas de reclamacións e servizo de megafonía.
(2) Mantemento e limpeza: : Comprobáronse aspectos como o estado de mantemento, conservación e limpeza dos vestiarios, aseos, duchas, piscinas, vertedoiros e lavadoiros, cafetería, bar ou restaurante, etc. Valorouse tamén o estado de conservación dos equipamentos deportivos (canastras, porterías, redes, etc.), zonas de xogo infantil, o estado de mantemento de chans e pavimentos, a presenza de colectores para a reciclaxe, a limpeza en xeral de todo o campamento.
(3) Accesibilidade: Observouse o grao de accesibilidade ás instalacións. Así, comprobouse a existencia de ramplas ou elementos similares que faciliten o acceso ás distintas dependencias de cada cámping (bar, restaurante, aseos, etc.), a presenza de aparcamentos reservados para minusválidos, a existencia de guindastres nas piscinas, a dotación de cabinas telefónicas situadas a menor altura, etc.
(4) Equipamentos e servizos: valorouse a dotación de servizos existente en cada cámping, como por exemplo o número de duchas, aseos, vertedoiros, lavadoras, etc., a existencia de espazos deportivos e de xogos para nenos, a dispoñibilidade de prazas de aparcamento, as actividades de lecer ofrecidas en cada cámping, a dotación de papeleiras, farois, bancos, fontes, etc., a disposición de supermercado, bar, restaurante, consigna, piscina, caixeiros, servizo de correos, acceso a Internet, venda de prensa, etc. Ademais, observouse a disposición de auga quente nas zonas de uso común (duchas, vertedoiros, etc.).
(5) Seguridade e asistencia médica: comprobouse a presenza de vixilantes (de día e de noite), a presenza de elementos antiincendios (extintores, mangueiras, esparexedores de auga, etc.), portas, luces, e saídas de emerxencia, a iluminación nas instalacións, a presenza de elementos potencialmente perigosos (tendido eléctrico non soterrado, torres de alta tensión), etc. Así mesmo, valorouse a existencia de servizo médico e a dotación de servizos como botica de primeiros auxilios, sala de curas ou enfermería, e mais a presenza de socorristas nas piscinas. Tamén se valorou a información facilitada ao usuario sobre medidas de alarma, evacuación ou emerxencia e a limitación de velocidade aos vehículos dentro do recinto.
| (*) | Información ao usuario 1 | Mantemento e limpeza 2 | Accesi- bilidad e 3 | Equipamento e servizos 4 | Seguridade e asistencia médica 5 | Nota Media Final |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1a Categoría | Ben | Moi ben | Aceptable | Ben | Ben | Ben |
| 2a Categoría | Ben | Moi ben | Regular | Aceptable | Ben | Aceptable |
| 3a Categoría | Regular | Ben | Mal | Regular | Regular | Regular |
| (*) | Moi ben | Ben | Aceptable | Regular | Mal | Total |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1a Categoría | 33,3% | 36,7% | 16,7% | 3,3% | 10,0% | 100,0% |
| 2a Categoría | 7,0% | 35,1% | 29,8% | 8,8% | 19,3% | 100,0% |
| 3a Categoría | 0,0% | 0,0% | 35,7% | 35,7% | 28,6% | 100,0% |
| Media | 13,9% | 30,7% | 26,7% | 10,9% | 17,8% | 100,0% |
| Provincia | Prezo estancia unha quincena en tenda familiar | Prezo estancia unha quincena en caravana |
|---|---|---|
| A Coruña | 221 | 238 |
| Álava | 430 | 430 |
| Alacante | 428 | 453 |
| Asturias | 303 | 334 |
| Barcelona | 364 | 374 |
| Cantabria | 374 | 380 |
| Córdoba | 362 | 377 |
| Granada | 394 | 393 |
| Guipúscoa | 376 | 379 |
| Huesca | 331 | 252 |
| Madrid | 428 | 415 |
| Málaga | 477 | 489 |
| Murcia | 363 | 364 |
| Navarra | 399 | 385 |
| Valencia | 407 | 416 |
| Valladolid | 445 | 445 |
| Biscaia | 385 | 385 |
| Zaragoza | 219 | 226 |
| Media | 379 | 386 |
* Cantidades expresadas en euros. Prezos medios correspondentes á tempada de verán do ano 2007 nos cámpings estudados en cada provincia.
| Categoría del camping | Prezo estancia unha quincena en tenda familiar | Prezo estancia unha quincena en caravana |
|---|---|---|
| 1a Categoría | 426 | 432 |
| 2a Categoría | 372 | 380 |
| 3a Categoría | 272 | 275 |
| Media | 379 | 386 |
* Cantidades expresadas en euros. Prezos medios correspondentes á tempada de verán do ano 2007.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI