Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Festas de aniversario infantís: Celebración para nenos a prezo de adultos

Unha festa de aniversario para dez nenos custa entre 150 e 400 euros, regalo á parte, e asistir ás dos convidados non baixa de 100 euros ao ano

Consellos para organizar a festa na casa

  •  Os convidados deben ter máis ou menos a mesma idade. Non pretenda combinar unha festa de nenos e adultos á vez. O traballo multiplicarase e non poderá atender a todos.
  • Se a celebración se fai na casa valore o espazo do que dispón e avalíe os pros e os contras de facela noutro lugar.
  • Destine un só cuarto da casa para a celebración, e procure deixalo o máis libre de mobles que lle sexa posible para que os nenos poidan xogar e moverse sen dificultades.
  • Teña en conta o día máis conveniente para realizar a festa. O máis recomendable é celebrala entre semana, pola tarde e ao saír da escola, xa que garante a asistencia dun maior número de nenos e lles deixa libres aos pais a fin de semana para organizar outra festa máis familiar.
  • Estableza un horario fixo indicando a hora en que se dará por finalizada a festa, posto que os asistentes terán que ser recollidos polos seus pais. Tres horas abondan para realizar as actividades planificadas sen caer no aburrimento ou na exaltación colectiva.
  • Lembre pedirlles aos pais dos cativos convidados cando os informa sobre o día e a hora do acontecemento un número de teléfono para que sexa doado localizalos se xorde algún inconveniente.
  • A comida debe ser a axeitada para a idade dos nenos. Aínda que sexa unha festa, non ofreza lambetadas en exceso, nin abuse de aperitivos.
  • Se os nenos son pequenos evite servir alimentos moi pequenos como améndoas, pasas e caramelos.
  • Asegúrese de contar cun número suficiente de adultos para o control dos nenos, medida que deberá reforzar se a festa se celebra preto dunha piscina ou de fontes de auga.
  • Planifique algún xogo para entreter os convidados durante o maior tempo posible. Un vídeo do último éxito de debuxos animados pode calmar os ánimos máis exaltados durante a última parte da festa.

Elixir un bo regalo

  •  Teña en conta as necesidades e preferencias da persoa á que vai destinado e non os seus propios gustos.
  • Os xoguetes, que serven para que os pais tamén compartan as experiencias lúdicas, son moi beneficiosos para fomentar unha mellor relación cos fillos.
  • Evite os xoguetes que teñan como destino máis probable converterse en accesorios inútiles que se acumulan no cuarto dos máis pequenos. Para iso, busque a utilidade práctica do xogo e trate de regalar produtos que estimulen a creatividade e a imaxinación do pequeno.
  • Valore os xogos ou xoguetes que convertan o pequeno en protagonista.
  • Os xoguetes que cumpren a normativa de seguridade vixente levan impresa a marca CE no envase. Busque sempre ese distintivo.
  • Adquira o regalo sen facer distincións por sexos porque todos os xoguetes poden ser recomendables tanto para nenos coma para nenas.
  • Teña en conta a idade e a orientación psicomotriz que especifica o fabricante.
  • Non o sature de xoguetes. Aproveite a data, e solicítelles aos familiares e amigos de confianza outros artigos máis necesarios para o pequeno (pixamas, zapatillas de deporte...).
  • Lembre que un libro pode ser o mellor dos regalos.
  • Non tire a casa pola ventá. Non esqueza que o mellor xoguete é a imaxinación. Unha simple caixa de cartón pódese converter no mellor coche de carreiras.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto