Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un cliente subscribiu un contrato cun centro de dermatoloxía capilar para un implante. Como consecuencia desta operación e do tratamento posterior, quedáronlle secuelas físicas e psíquicas: lesións dermatolóxicas crónicas e pel adelgazada e hiperreactiva. Dende o punto de vista psicolóxico, amosábase deprimido, con ideas obsesivas e delirio moderado. Por estas razóns, reclamoulles ao centro e aos doutores os gastos da intervención e o dano moral. A sentenza inicial condenou os demandados a indemnizar solidariamente ao usuario con 10.818 euros e obrigou ao centro capilar á devolución dos 3.936 euros aboados no seu día. Os demandados recorreron ao Tribunal Supremo, pero este, en sentenza do 4 de outubro de 2006, volveulle dar a razón ao usuario. Para o Supremo, o cliente non foi informado coa exhaustiva e exacta información que é esixible nestes casos sobre os riscos ou complicacións usuais destas intervencións.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI