Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Incumprimento de contrato por parte da operadora de telefonía fixa

Solicitei a portabilidade do teléfono fixo a outra operadora e poucos días despois recibín unha mensaxe confirmándoa. Non obstante, meses despois estou sen liña, aínda que si me chegan as facturas sen consumo, pero coas cotas mensuais. Chamei en varias ocasións para queixarme, pero como non obtiven resultado ningún dei de alta outra liña fixa co anterior operador. As últimas novas chegáronme a xeito de carta na que me reclamaban o pagamento e me advertían de que ían tomar medidas contra min se non pagaba en cinco días. Podo facer algo para arranxar isto?

 A pesar de que a portabilidade foi realizada e confirmada, a nova operadora incumpriu de xeito total o contrato por non lle proporcionar o servizo telefónico. De acordo co Real Decreto 424/2005 sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios, o paso a seguir polo subscritor é a solicitude da Baixa ou Resolución do contrato por incumprimento da operadora. Neste caso, a baixa deberá ser inmediata e a operadora débese abster de seguir reclamando o pagamento. Non obstante, esta solicitude de baixa non resolve a cuestión salvo que o operador acepte a resolución, a anulación de todas as facturas emitidas e se absteña de seguir facturando. No caso contrario, mesmo aínda que non obteña resposta, debe continuar coas reclamacións noutras instancias, como o Servizo de Atención ao Cliente e as Xuntas Arbitrais de Consumo.

Tendo en conta que contrataron a alta dun novo número de teléfono fixo na súa anterior compañía, entendemos que con iso engadiron un indicio da ausencia de servizo. Se isto lle ocasionase ao afectado algún prexuízo económico acreditable con factura, convén deixar constancia diso. Para maior seguridade debe realizar ademais unha reclamación telefónica e outra por carta certificada.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto