Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un exceso de peso incrementa o consumo e varía o centro de gravidade, aumentando as posibilidades de sufrir un accidente
Ante a preparación dunha longa viaxe en coche, comezar a ruta coa conciencia tranquila logo de visitar o taller para a súa posta a punto é tan importante como equilibrar o volume da equipaxe que nos acompaña co seu peso. Un vehículo sobrecargado, ou coa carga distribuída de maneira incorrecta, aumenta a posibilidade de sufrir un accidente. Cómpre repartir as maletas e outros vultos de maneira ordenada para que non comprometan a estabilidade do vehículo, para que non lles molesten aos ocupantes e para que non dificulten os movementos ou a visibilidade do condutor.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI