Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

O Ano Polar Internacional: A comunidade científica olla con calor para os polos

Preto de 50.000 científicos de 63 países do mundo aproveitan o Ano Polar Internacional para incidir en aspectos como o quecemento global, a biodiversidade e os recursos pesqueiros nos polos

 O Ártico e a Antártida, os polos norte e sur do noso planeta, están máis próximos a nós do que a miúdo se tende a pensar. Dende hai uns anos sábese que a súa influencia no clima, lonxe de ser local, é planetaria. O desxeo de grandes extensións nos polos a causa do quecemento global causará, segundo as predicións, un significativo aumento do nivel do mar en todo o planeta. Ademais, as zonas polares conteñen unha das maiores reservas de minerais e de recursos pesqueiros. Deste xeito, calquera fenómeno que suceda nos polos afectará a outras zonas do planeta e viceversa.

Estas son as razóns que levaron a comunidade internacional a coñecer polo miúdo que está a suceder nos polos. Por iso, en marzo arrancou o Ano Polar Internacional 2007-2008, que durante doce meses manterá en marcha 220 proxectos de investigación, nos que xa participan preto de 50.000 científicos de 63 países. Trátase dunha iniciativa que só se celebrara en tres ocasións en 125 anos (os anteriores foron en 1882, en 1932 e en 1957) e que intenta unir os esforzos de numerosos países para impulsar a investigación nas zonas polares, requiríndose para iso un enorme investimento de tempo e cartos non asumible para un só país. A investigación do Ano Polar abordará dende o estudo dos organismos mariños que viven na Antártida e no Ártico ata a saúde dos pingüíns ou o estado dos recursos pesqueiros. Pero tamén, e cunha énfase especial, o cambio climático nas dúas rexións polares, que están especialmente afectadas polo quecemento global.

Cánto xeo se desfará e cando

Cóidase que as zonas polares poden achegar unha información moi valiosa que axudará a predicir a evolución do clima no planeta. O Panel Intergobernamental para o Cambio Climático alertaba no seu último informe que o aumento do nivel do mar neste século podería ser superior aos 59 centímetros previstos inicialmente. A razón é que non se sabe con certeza canto xeo se vai desfacer dos polos. Se a sociedade debe prepararse para esta eventualidade protexendo as infraestruturas nas cidades costeiras, é vital prever ata onde pode chegar ese aumento. O desxeo tamén terá consecuencias sobre os ecosistemas mariños e sobre as correntes que inflúen no clima terrestre. Canto xeo e cando se vai desfacer realmente nos polos? Esta é, sen dúbida, a pregunta máis inquedante que se debaterá nos proxectos do Ano Polar Internacional.

Para responder a iso, deseñáronse algúns dos experimentos máis sorprendentes, como as perforacións nas zonas máis profundas do xeo antártico para a extracción de mostras do xeo máis antigo, o que se formou hai uns 900.000 anos. Hai investigadores que consideran que, con sorte, poderían atopar mostras de xeo de ata un millón e medio de anos de antigüidade ou máis. O interese deste xeo baséase en que retivo no seu interior burbullas de aire daquel momento, de maneira que os investigadores consideran que con esas burbullas e as mostras de xeo se poden coñecer centos de milleiros de anos despois os niveis de dióxido de carbono existentes e reconstruír así a historia. Deste xeito, coñecendo como tiveron lugar estes ciclos de desxeo no pasado, pódese axudar a prever mellor como responderán no futuro os polos nunha situación de quecemento global.

Participación española

Tamén hai participación española: un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) estudará, no marco dun proxecto internacional, a saúde dos pingüíns na Antártida para analizar como lles afecta o cambio climático. Outro grupo, tamén do CSIC, estudará os recursos pesqueiros no Ártico, e o Instituto Nacional de Tecnoloxía Aeroespacial investigará a evolución do burato de ozono nas zonas polares, co fin de prever o seu comportamento a longo prazo. Estas son só unha pequena mostra dos proxectos e prioridades do Ano Polar Internacional, que para a comunidade científica representa unha das mellores oportunidades de avanzar moito en pouco tempo.

Chegar aos polos a través de Internet

 O público pode seguir as actividades do Ano Polar Internacional a través de Internet. A web xeral http://www.ipy.org ofrece enlaces a numerosos documentos e recursos. A web española http://www.api-spain.es enlaza con numerosas webcams situadas nas bases da Antártida e mais do Ártico. Cabe destacar a web da estación australiana Casey (http://www.aad.gov.au/) na Antártida, que conta cun apartado onde se recollen os efectos do impacto humano no polo sur. Se alguén pensaba ata agora que os polos seguían sendo lugares prístinos e virxes, tal e como se explica na web, está lonxe da realidade. Na Antártida acumúlanse nalgúns lugares os barrís de fuel baleiros abandonados polos barcos, e a sobrepesca que atenaza o resto do planeta está a ameazar agora os recursos pesqueiros do seu océano. O turismo non queda á marxe: uns 14.000 turistas visitaron a Antártida na tempada 1999-2000, unha cifra que triplicou de lonxe a dos científicos que traballaron ese ano no continente antártico (4.000). O turismo adóitase mover en grandes barcos que atracan por unhas poucas horas. Pero cada vez hai máis tendencia a organizar viaxes en barcos máis reducidos, e con estancias máis longas na liña do turismo de aventura, o que supón máis vehículos, presenza humana máis continuada e un maior impacto sobre o ecosistema e os animais salvaxes. Os expertos tratan agora de buscar o xeito (xa sexa mediante convenios ou regulamentos) de conseguir que iso afecte o mínimo posible ao ámbito natural antártico.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto