Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Outras informacións sobre Novas Tecnoloxías: Vídeo: "You Tube Crash" / Web: "Eric Saeter" / Cociñar na Rede

O VÍDEO DO MES

"You Tube Crash", por T-Dub

 T-Dub é o nome artístico dun internauta norteamericano con vocación de rapeiro, con preferencias polo estilo "old school", que recolle o rap de finais dos setenta e primeiros oitenta, época na que se utilizaban partes de melodías soul, disco e funk como base musical para as rimas. Así, sobre un suave "sample" vocal feminino, T-Dub rapea, con sensualidade e cadencia digna de Justin Timberlake, unha historia da busca incesante do amor da súa vida no popular portal Youtube, montado con extractos doutros vídeos colgados no portal e no que as rapazas se presentan a si mesmas ao estilo das axencias matrimoniais.

A PÁXINA DO MES

"Eric Saeter"

 Este internauta de Seattle é amante da fotografía máis exquisita e esixente. Manexa con moita mestría tanto a combinación de cores (con clara preferencia polos vivos e contrastados) como as escalas de grises, onde o brillo é fundamental para lle conferir a cada elemento unha pátina metálica. Tamén utiliza técnicas mixtas de fotografía e edición dixital mediante software para acadar acabados orixinais máis próximos ao debuxo ao carbón ou á acuarela. Sen dúbida Saeter é unha mostra máis do inmenso talento amateur que respira a grande comunidade de Flickr, e navegar polas súas sucesivas páxinas de imaxes é un auténtico goce visual.

NAVEGAR Á CARTA

Cociñar na Rede

Internet é a maior base de coñecemento do mundo e tamén o maior almacén de receitas de cociña. Son milleiros as páxinas dedicadas ás cociñas do mundo, realizadas por usuarios ou por profesionais, que dan pé a que o afeccionado á cociña invente novas receitas, ou faga apaños ocasionais cando non se ten nin imaxinación, nin cartos, nin tempo.

"Epicurios"

 Unha páxina web moi ampla con numerosas seccións dedicadas á práctica culinaria e á arte dos fogóns. Na súa presentación, presumen de ser o maior almacén de receitas do mundo. Máis alá da certeza desta afirmación, a páxina posúe un espléndido deseño, con numerosos apartados con menús para todo tipo de situacións e numerosos artigos escritos por expertos dos diferentes territorios gastronómicos do mundo. Conta tamén cunha guía de restaurantes e todo tipo de "delicatessen". Ten, non obstante, dous inconvenientes: está en inglés e non sempre especifica o proceso de preparación dos pratos dun xeito metódico e ordenado. Tamén peca dunha excesiva vocación publicitaria: enche a pantalla de ventás emerxentes.

"A lume lento"

 Trátase da revista gastronómica electrónica que publica o cociñeiro vasco afincado en Palma de Mallorca Koldo Verde; nela ofrece receitas, consellos de cociña, noticias e reflexións persoais. A súa vocación é claramente interactiva, animando aos usuarios a que envíen tanto as súas receitas como as súas consultas por correo electrónico. Verde, pola súa banda, ofrécese a contestar coa maior brevidade posible.

"All Recipes"

 Trátase dunha comunidade de afeccionados á cociña que colocan nesta páxina as súas receitas favoritas, así como aquelas que van atopando noutros sitios web, ou que lles contan outras persoas. Así, van creando unha interesante base de datos de receitas de cociña de todo o mundo. O deseño da páxina é exquisito, con moitas e substanciosas imaxes dos ágapes, cos ingredientes debidamente listados e co seu proceso metodicamente descrito. Ademais, ofrece o valor enerxético do prato, a súa porcentaxe de fibras, proteínas e graxas. Iso si, en inglés.

"A páxina de cociña de Yaho!"

 A páxina de cociña de Yahoo! é un luxo, moi ao estilo anglosaxón, con numerosas e suxestivas imaxes, propostas de receitas, buscas por ingredientes, países, valores enerxéticos, horarios, etc. Tamén ten unha magnífica colección de vídeos onde se amosa de modo didáctico e entretido como cociñar todo tipo de pratos do mundo. Só está en inglés, desgraciadamente.

"Os Podcast de Guisando.org!"

 Guisando.org comezou sendo un blog comunitario de receitas de cociña moi completo, que incluía unha listaxe de ingredientes, bonitas fotografías e mesmo un programa de radio en formato "Podcast" (gravacións de voz que se poden descargar dende a Rede aos reprodutores de MP3), e que co paso do tempo foi perdendo fol ata converterse nun conciso listado de receitas sen máis "sabor". Non obstante, as gravacións que se realizaron ata finais de 2005 non teñen desperdicio, tanto polo seu valor testemuñal do auxe do "podcasting" coma polo cariño co que estaban realizadas. Aínda están accesibles en castelán e non perderon a súa vixencia.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto