Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
O 68% dos centros suspende, o 46% PROPÓN tratamentos con "produtos estrela", un de cada tres propón perdas de peso pouco saudables e en máis do 30% os clientes non son atendidos nin por médicos nin por expertos en nutrición
O Índice de Masa Corporal (IMC) é a referencia máis utilizada para determinar onde se sitúa o límite do exceso de peso. Só é válido para adultos de máis de 25 anos de idade. Deriva de aplicar a seguinte fórmula:
IMC (Kg/m2) = PESO (Kg) / [ TALLE (m) x TALLE (m)]
| IMC | Resultados |
|---|---|
| < 18,5 | Peso insuficiente |
| 18,5 - 24,9 | Peso axeitado (Normopeso) |
| 25,0 - 26,9 | Exceso de peso grao I |
| 27,0 - 29,9 | Exceso de peso grao II (Preobesidade) |
| 30,0 - 34,9 | Obesidade tipo I (Leve) |
| 35,0 - 39,9 | Obesidade tipo II (Moderada) |
| 40,0 - 49,9 | Obesidade tipo III (Mórbida) |
| > 50 | Obesidade tipo IV (Extrema) |
EXEMPLO: O IMC dunha muller de 35 anos, que mide 1,66 metros e que pesa 64 quilos, obtense así:
64/1,66 x 1,66= 23,19
Polo tanto, e a teor dos parámetros da táboa, estaría dentro do peso axeitado. En calquera caso, hai que recalcar que este método non se pode empregar de maneira illada para o diagnóstico.
Considérase que existe exceso de peso cando a cantidade de graxa do corpo é superior ao desexable. E posto que esta fórmula non considera a graxa, debe contrastarse con outras medicións para valorar se efectivamente o paciente necesita ou non perder peso, así como a cantidade total de quilos.
| Cidade | Identificación do problema1 | Explicación e especificación do tratamento2 | Profesionalidadee3 | Atención ao cliente4 | Cualificación Final5 |
|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | Moi Ben | Moi Ben | Moi Ben | Moi Ben | Moi Ben |
| Alacante | Aceptable | Moi Deficiente | Ben | Aceptable | Deficiente |
| Barcelona | Moi Deficiente | Ben | Regular | Aceptable | Deficiente |
| Bilbao | Regular | Moi Deficiente | Moi Ben | Moi Ben | Deficiente |
| Córdoba | Aceptable | Moi Deficiente | Moi Ben | Ben | Deficiente |
| Granada | Regular | Regular | Aceptable | Moi Ben | Deficiente |
| Madrid | Regular | Deficiente | Ben | Ben | Deficiente |
| Málaga | Deficiente | Moi Deficiente | Moi Ben | Ben | Moi Deficiente |
| Murcia | Regular | Moi Deficiente | Ben | Moi Ben | Moi Deficiente |
| Oviedo | Aceptable | Ben | Regular | Aceptable | Aceptable |
| Pamplona | Aceptable | Moi Deficiente | Regular | Aceptable | Moi Deficiente |
| San Sebastián | Aceptable | Regular | Ben | Ben | Regular |
| Santander | Regular | Aceptable | Ben | Ben | Aceptabe |
| Sevilla | Aceptable | Moi Deficiente | Moi Ben | Aceptable | Deficiente |
| Valencia | Ben | Aceptable | Ben | Ben | Ben |
| Valladolid | Aceptable | Moi Deficiente | Regular | Ben | Deficiente |
| Vitoria | Regular | Moi Deficiente | Deficiente | Aceptable | Moi Deficiente |
| Zaragoza | Aceptable | Regular | Deficiente | Ben | Regular |
| Media | Regular | Moi Deficiente | Aceptable | Ben | Deficiente |
(1) Identificación do problema : valorouse se os centros preguntaban ou lle realizaban unha exploración física ao cliente (nivel arterial, medicións de peso, talle, perímetros e graxa corporal), se preguntaban polos seus antecedentes patolóxicos (problemas de saúde persoais e familiares) e pola posible inxestión de medicamentos. Ademais, valorouse se se interesaban sobre os seus hábitos alimenticios, estado anímico e estilo de vida (exercicio físico, consumo de alcohol, tabaco, etc.). Só así se pode ofrecer un tratamento personalizado e efectivo.
(2) Explicación e especificación do tratamento: considérase que un centro ofrece un tratamento personalizado e adecuado á situación do paciente se previamente realizou un diagnóstico correcto da súa situación e se se consideran os hábitos de alimentación, amais doutras axudas externas como os complementos, os fármacos ou a aparatoloxía. A correcta alimentación e o fomento dunha maior actividade física son a base do tratamento do exceso de peso. A dieta pode acompañarse, en ocasións, de tratamentos de estética local, complementos, fármacos, etc., sempre e cando o seu emprego estea xustificado.
(3) Profesionalidade: valorouse, como é lóxico, se o tratamento ofrecido se axusta ata acadar o obxectivo proposto ao inicio. Ademais, estimouse positivo que a titulación de quen atende ao cliente sexa un médico especializado, un dietista diplomado ou un técnico en nutrición.
(4) Atención ao cliente: valoráronse as condicións nas que o cliente foi atendido: amplitude, luminosidade e limpeza da sala de consulta, a amabilidade no recibido, a dispoñibilidade horaria do centro e mais a resolución das dúbidas presentadas polo cliente.
(5) Cualificación Final: nota final media ponderada dos centros estudados en cada cidade. Valoráronse en maior medida (un 70% da nota) os dous primeiros aspectos: ?Identificación do problema? e ?Explicación e especificación do tratamento?.
| Cidade | Tratamento personalizado 1 | Tratamento baseado en "produtos estrela"2 | |
|---|---|---|---|
| Estudo detallado | Estudo non detallado | ||
| A Coruña | 100% | 0% | 0% |
| Granada | 50% | 50% | 0% |
| Barcelona | 80% | 10% | 10% |
| Zaragoza | 17% | 66% | 17% |
| Oviedo | 50% | 25% | 25% |
| Valencia | 71% | 0% | 29% |
| Madrid | 40% | 30% | 30% |
| San Sebastián | 40% | 20% | 40% |
| Alacante | 40% | 20% | 40% |
| Santander | 50% | 0% | 50% |
| Sevilla | 33% | 17% | 50% |
| Málaga | 0% | 50% | 50% |
| Valladolid | 40% | 0% | 60% |
| Córdoba | 20% | 0% | 80% |
| Vitoria | 20% | 0% | 80% |
| Murcia | 0% | 20% | 80% |
| Bilbao | 0% | 14% | 86% |
| Pamplona | 0% | 0% | 100% |
| Media | 36% | 18% | 46% |
(1) Tratamento personalizado : estímase que un centro ofrece un tratamento personalizado se previamente realizou un diagnóstico correcto da situación do paciente e se se consideran os hábitos de alimentación e de estilo de vida, amais doutras axudas externas como complementos, fármacos, aparatoloxía, etc. A fórmula idónea, e a recomendada polos expertos, é a que se efectúa de xeito detallado. Así e todo, tamén se dan casos de tratamento personalizado que se basean nun estudo non detallado, é dicir, sen identificación do problema, sen detallar a dieta, sen ter en conta o estilo de vida, etc. Este tipo de tratamento personalizado non se considera adecuado.
(2) Tratamento baseado en produtos estrela: cando o centro basea os seus tratamentos en produtos ou tratamentos propios (de venda no propio local) sen realizar unha correcta avaliación do problema nin considerar aspectos como o estilo de vida e os hábitos alimentarios do paciente.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI