Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Que somos? Onde estamos? A onde imos? Estas son as grandes preguntas e as respostas a elas trátanas de obter enxergando o ceo os homes e mulleres dunha das ciencias máis antigas do mundo, a Astronomía. Que leva hoxe aos astrofísicos e enxeñeiros a seguir observando as estrelas? Rafael Bachiller, director do Observatorio Astronómico Nacional teno claro: a súa implicación no desenvolvemento da sociedade e no seu progreso. Descóbrense misterios do cosmos, pero tamén se desenvolven novas tecnoloxías, teorías e avances científicos que benefician a toda a Humanidade.
O noso país ten unhas instalacións de primeira liña para a observación das estrelas. Os potentes telescopios e radiotelescopios situados en España permiten aos seus preto de 500 astrónomos profesionais investigar a orixe e a evolución do Universo. O Observatorio Astronómico Nacional, dependente do Ministerio de Fomento, conta en Yebes (Guadalaxara) cunha das maiores instalacións de Europa para o estudo das ondas de radio emitidas polos astros. En particular, a antena de 40 metros de diámetro que entrará en servizo este mes é un dos radiotelescopios máis sensibles do mundo.
lgúns dos obxectos máis importantes do Universo, como as radiogalaxias ou os cuásares, a penas son visibles nos telescopios, pero son auténticos monstros emitindo ondas de radio. As radiogalaxias teñen buratos negros no seu interior e emiten uns enormes chorros de materia de moitos anos luz de distancia dende o seu núcleo. Para observar estes obxectos "invisibles" hai que utilizar grandes antenas de moi alta precisión, como a de Yebes, conformada por 420 paneis de aluminio e capaz de detectar unha enerxía equivalente ao golpe dunha folerpa de neve.
Os astrónomos, en ocasións, forman parte dos equipos dos observatorios astronómicos, pero outras veces son profesores universitarios ou investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que solicitan a utilización deses grandes telescopios para realizaren os seus proxectos de investigación, que preparan coidadosamente durante longos períodos de tempo co fin de lograr o acceso a un instrumental exclusivo.
Unha vez asignado o tempo de observación, o astrónomo desprázase ao observatorio para tomar as súas medidas. En radioastronomía pódese observar o cosmos de noite e de día (salvo en posicións moi próximas ao Sol). Os datos, que son recollidos polos telescopios e gravados por ordenadores, son interpretados polos astrónomos para comprender o seu significado e verificar teorías. En numerosas ocasións, as observacións serven para formularse novas preguntas e comezar a planificar outros experimentos. O fin último é achar novos descubrimentos sobre o noso Universo.
Os requirimentos dos astrónomos para as observacións de obxectos cada vez máis distantes e máis débiles esixen unha actualización continua dos telescopios e os seus equipos. Utilízanse as máis modernas tecnoloxías e desenvólvense técnicas que logo poden ser aplicadas noutros ámbitos, como o da medicina. Os técnicos e enxeñeiros de telecomunicacións no Observatorio Astronómico Nacional traballan para dotar aos detectores do centro coas maiores prestacións posibles. É un traballo de equipo: obedecendo ás necesidades dos físicos (os astrónomos sono) os enxeñeiros son capaces de desenvolver novos materiais e tecnoloxías ad hoc.
Os resultados obtidos das observacións publícanse en revistas científicas e preséntanse en congresos internacionais, onde se discuten con outros científicos. Obtéñense novas ideas útiles para interpretar datos doutras observacións astronómicas. Por exemplo, o pasado verán debateuse a consideración de Plutón como un planeta do Sistema Solar, xa que hai outros obxectos similares en órbita co sol aos que non se lle confire tal categoría. Non obstante, é o único "planeta" descuberto por Estados Unidos, de aí a súa insistencia en mantelo. Fóra de polémicas, a comunidade científica ten previsto inaugurar no ano 2020 o proxecto SKA. Trátase de construír un quilómetro cadrado de pequenos radiotelescopios. Cinco anos antes, no 2015 inauguraríase Alma, un gran telescopio milimétrico en Atacama, na cordilleira andina de Chile, a 5.000 metros de altitude. Con ambos os dous proxectos aspírase a ter o Universo un pouco máis preto.
A cereixa: algo máis ca un froito
Mercadorías que voan
Sobre os alicerces da palabra
Esquí alpino adaptado: reto e sacrificio vestidos de branco
O camiño da electricidade
A viaxe dun bo desexo
O ensino musical: unha sinfonía de catro movementos
A cidade flotante do transporte
Un bocado con suspense
Un caramelo esculpido no corazón do Pirineo
Cultivo de rosas, a paisaxe máis impresionista
Labregas do mar
Como se reciclan os aparellos eléctricos?
Recunchos de vida
A receita da eterna xuventude
Iluminar máis para ver menos
De alimento básico a manxar de reis
Unha luz na escuridade
A pel da devesa
Ocaso e esplendor nos humedais
Moito máis ca apagar lumes
Ir por la e saír rapada
O mar entre catro paredes
Operación: a viaxe da arte
Unha xornada nunha estación de esquí
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI