Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Vivenda. Atraso na entrega

O vendedor non paga a indemnización polo atraso na entrega da casa

  Un cliente asinou en 1996 un contrato privado de compravenda dunha vivenda en construción no que se pactaba unha data concreta de entrega e unha indemnización mediante cláusula penal se calquera das dúas partes incumpría o acordo contractual. Chegada a data de entrega, produciuse un atraso do vendedor que obrigou o comprador a alugar unha vivenda. Cinco semanas despois da data pactada, o vendedor emprazou o titular para asinar a escritura e a entrega de chaves, pero este opúxose alegando a necesidade de descontar do prezo a indemnización pactada. Finalmente o consumidor demandou a empresa reclamando a indemnización e o pagamento das perdas e danos causados. O Tribunal Supremo, en sentenza do 28 de setembro de 2006, resolveu que o vendedor non incumpriu de xeito total o contrato, senón só de xeito parcial, polo que considera axustada a cantidade de 3.000 euros como indemnización, e non a pactada, moi superior, e condenou ao comprador ao pagamento das costas do recurso.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto