Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Máis de dous meses á espera de que arranxen un ordenador en garantía

Merquei un ordenador portátil nuns grandes almacéns. Dous meses despois non arrancaba e leveino ao establecemento. Entregáronme un resgardo e dixéronme que o enviaban a Madrid ao servizo técnico. Xa pasaron dous meses e medio e non teño noticias do ordenador. Na tenda dinme que espere. Que podo facer?

  O afectado polos atrasos inxustificados na reparación dun aparello en período de garantía debe presentar unha reclamación por burofax ou comparecer no establecemento e cubrir unha folla de reclamacións porque dous meses e medio é un prazo excesivo para proceder a unha reparación en garantía.

A Lei de garantías de bens mobles recoñece o dereito do consumidor a optar, ante un defecto do produto, pola súa reparación ou substitución doutro novo. Este trámite débese executar nun prazo razoable e sen maiores inconvenientes para o cliente. De non ser así, o consumidor poderá optar pola súa substitución, tendo en conta que se esta fose imposible ou se lle esixise esperar máis do razoable, está no seu dereito de reclamar a devolución dos cartos.

As circunstancias e probas de que dispón fan que a reclamación do afectado teña moitas posibilidades de prosperar en caso de iniciar accións xudiciais. Con todo, primeiro debe reclamar a substitución do produto ou a devolución do prezo, alegando a Lei de garantías. En caso de que a reclamación non fose atendida, o afectado pode acudir aos tribunais. Se precisa dun avogado porque o importe da demanda é superior a 900 euros, solicite un orzamento escrito, aínda que é previsible que recupere os gastos de tales honorarios coa obtención dunha "sentenza estimatoria con condena en custas". Tamén pode acudir aos Servizos de Consumo do seu concello ou provincia para reclamar e que, se procede, se inicie un procedemento sancionador contra o vendedor.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto