Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Como montar unha empresa no menor tempo posible

Pódese constituír unha empresa en tres ou catro días se adopta a forma xurídica de Sociedade limitada Nova Empresa. Os custos de constitución pode ir dende 409 ata 1.830 euros

  Máis de 100.000 emprendedores lánzanse cada ano en España a facer realidade o sono de pór en marcha a súa propia empresa. Saben que é unha decisión que pode dar moitas satisfaccións, pero que tamén implicará desembolsar bastantes cartos, asumir moitos riscos, trámites, xestións... Polo xeral, dende que se inician os papeis de constitución ata que finalmente se logran todos os permisos para abrir o negocio, poden pasar máis de dous meses. A falta de axilidade na constitución dun negocio, nalgúns casos, débese a que é necesario cubrir unha media de 15 documentos e realizar oito visitas a distintos organismos para obter os permisos necesarios, todo iso cun custo que vai dos 409 aos 1.830 euros.

Dende o mes de marzo, todos os españois que desexen montar unha empresa téñeno un pouco máis doado grazas á entrada en vigor do Real Decreto que aproba a creación de sociedades de responsabilidade limitada por medios telemáticos. O obxectivo é axilizar a creación dunha figura xurídica, a de responsabilidade limitada, que adoptan máis de nove de cada dez sociedades que se crean cada ano. No 2006, por exemplo, formáronse 147.721 sociedades mercantís, un 98% destas baixo a denominación de sociedade limitada.

Dende o 2003 xa se podía crear unha denominada "Sociedade Limitada Nova Empresa" a través de Internet nun prazo mínimo que pode ser, no mellor dos casos, aínda que non sempre é así, de 48 horas. Coa mellora da lei, a rapidez esténdese tamén ás sociedades limitadas tradicionais, aínda que son moitos máis os inconvenientes, de xeito que a mellor opción é recorrer á "Sociedade Limitada Nova Empresa". En moitos casos, os dous días para poñer en marcha unha empresa serán só unha utopía.

Capital mínimo, algo máis de 3.000 euros

  Para poder poñer en marcha unha empresa de maneira rápida o primeiro que hai que saber é que debe tratarse dunha Sociedade de Responsabilidade limitada (SL) ou Sociedade limitada Nova Empresa (SLNE), formas xurídicas con características especiais. En ambos os dous tipos de sociedades, os socios deberán reunir un capital social mínimo de 3.005,06 euros (no caso das SL) ou de 3.012 euros (e máximo de 120.200 euros no caso das SLNE). A súa principal peculiaridade é que neste tipo de empresas a responsabilidade dos socios fronte a terceiros fíxase en función do capital achegado por cada un deles. Os socios poden contribuír á sociedade con diñeiro, bens e traballo.

Despois de ter claro o negocio que se quere abrir, o plan estratéxico e o local no que se situará, comezan os "trámites lixeiros" para a posta a punto da empresa. Con este fin, pódese realizar a tramitación telemática a través do Centro de Información e de Creación de Empresas (CIRCE). O empresario ou empresarios en cuestión deben acudir a algunhas oficinas de tramitación telemática (hai 150 distribuídas en 13 comunidades autónomas), que se coñecen como Puntos de Asesoramento e Inicio Tramitación (PAIT) do CIRCE. E velaquí o primeiro elo no que pode atrasarse o proceso. Para comezar coa constitución a través dunha destas oficinas, hai que pedir cita no teléfono 900 19 00 92. Polo xeral, pódese conseguir unha entrevista en tres ou catro días, aínda que en función do lugar no que se constitúa a empresa, a cita pódese prolongar ata en máis dunha semana.

As comunidades que aínda non contan con oficina telemática son o País Vasco, Navarra, Cantabria, Baleares e tamén as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Nalgunhas delas, como en Navarra e no País Vasco, están moi avanzadas as negociacións para que en breve se poñan en marcha estes centros. Á espera de que se abran estas sucursais, en todas estas rexións tamén é posible crear a súa Sociedade Limitada Nova Empresa a través de Internet en http://www.circe.es. Para constituír unha empresa utilizando este sistema haberá que optar pola opción Presencial. Neste caso, o proceso pódese prolongar durante unhas dúas semanas. A reserva da denominación e a súa inscrición no Rexistro Mercantil Central realízase a través de Internet. Non obstante, ao resto de organismos é preciso acudir presencialmente (Seguridade Social, Axencia Tributaria, etc.).

Coidado cos nomes

Fixado o encontro nestas oficinas, o primeiro que lle preguntarán é pola denominación social que lle quere dar á empresa. No caso das SLNE, este trámite é sinxelo, posto que a denominación é o nome e apelidos dun dos socios e así quedará inscrita no Rexistro Mercantil Central.

No caso das sociedades limitadas tradicionais, o primeiro punto que pode atrasar a posta en marcha radica precisamente neste aspecto. Antes de comezar a traballar, os novos empresarios deberán comprobar que a denominación social que lle queren dar á súa sociedade non se corresponde coa de ningunha outra compañía. Para iso, deberán ir persoalmente ao Rexistro Mercantil e incluír tres posibles nomes (por orde de preferencia).

Este organismo adoita tardar ata unha semana en contestar se o nome é válido, co que o proceso de creación xa non será tan rápido como pode parecer. Ademais, no caso de que os tres nomes desexados estivesen xa elixidos, habería que volver empezar, co que a constitución se atrasaría novamente. Cando se confirme o nome, o Rexistro Mercantil deberá expedir un certificado. Neste organismo, a sociedade deberá solicitar, tamén un número de identificación fiscal.

Custos de crear unha Sociedade limitada Nova Empresa
Rexistro Mercantil Central: (Denominación) 13,94euros
Rexistro Mercantil Provincial: (Aproximado): 132,63euros
Imposto de Transmisións Patrimoniais/Actos Xurídicos Documentados: 1% Capital Social: Mínimo:30,12euros / Máximo: 1200euros
NOTARIOS: (Aproximado): Mínimo: 233,07euros / Máximo: 480,57euros
Mínimo: 409,64euros Máximo: 1.827,14euros (Aproximado)
Formas xurídicas de empresa / Sociedades Mercantís
Forma Número de Socios Capital Responsabilidade
Sociedade Colectiva Mínimo 2 Non existe mínimo legal Ilimitada
Sociedade de Responsabilidade Limitada Mínimo 1 Mínimo 3.005,06 euros Limitada ao capital achegado
Sociedade Limitada Nueva Empresa Máximo 5 Mínimo 3.012 euros
Máximo 120.202 euros
Limitada ao capital achegado
Sociedade anónima Mínimo 1 Mínimo 60.101,21 euros Limitada ao capital achegado
Sociedade Comanditaria por accions Mínimo 2 Mínimo 60.101,21 euros Socios colectivos: Ilimitada
Socios comanditarios: Limitada
Sociedade comanditaria simple Mínimo 2 Non existe mínimo legal Socios colectivos: Ilimitada
Socios comanditarios: Limitada
Forma Fiscalidade directa Tempo medio de constitución da empresa
Sociedade Colectiva Imposto sobre Sociedades Entre catro e oito semanas
Sociedade de Responsabilidade Limitada Imposto sobre Sociedades Arredor de dous meses
Sociedade Limitada Nueva Empresa Imposto sobre Sociedades Entre tres días e unha semana
Sociedade anónima Imposto sobre Sociedades Entre catro e oito semanas
Sociedade Comanditaria por accions Imposto sobre Sociedades Entre catro e oito semanas
Sociedade comanditaria simple Imposto sobre Sociedades Arredor dun mes

Fonte: Dirección Xeral de Política da pequeña e mediana empresa

Documentación básica para crear unha Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE)

  • Fotocopia e orixinal DNI de todos os socios.
  • Fotocopia e orixinal DNI de todos os traballadores.
  • Fotocopia e orixinal Tarxeta da Seguridade Social de todos os socios ou outro documento que acredite o número de afiliación da Seguridade Social.
  • Epígrafe de Actividades Económicas. Hai que preguntar na Axencia tributaria qué clase lle corresponde, segundo o tipo de actividade.
  • Datos persoais dos socios (e cónxuxes: DNI e Réxime matrimonial).
  • Datos do domicilio da empresa e da Actividade.
  • Porcentaxes de participación no capital social e administradores.
  •  Número de Conta Bancaria (particular), para a domiciliación do Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) e Actos Xurídicos Documentados (AXD) en caso de aprazamento e para o pagamento ao Rexistro Mercantil Provincial (RMP).
  • Xustificante do pagamento realizado (con anterioridade á tramitación) ao Rexistro Mercantil Central de 13,94 euros pola Denominación Social.
  • Para a contratación de traballadores: contrato ou acordo de contratación ou autorización para cursar a alta na Seguridade Social.

Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (134 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto