Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Outras informacións sobre Novas Tecnoloxías: Melodías curiosas / Blog: "Blogs and Docs"": todo sobre o cinema documental / Web: "Ahmed Zahid"

Navegar á carta

Melodías curiosas en Youtube

  Durante anos foi unha frase clásica contestar que algo era "máis difícil que cantaricar a melodía do Telexornal", e tamén que o noso interlocutor era tan complicado como "bailar a sintonía do home e a terra?. Agora, coa chegada da canle de vídeos en "flash" de Youtube, abriuse unha porta para que toda clase de personaxes pintorescos e extravagantes demostren as súas habilidades. Así, actores, cantantes, músicos, ou simplemente xente sen un talento especial, mostraron que en Internert a vergoña é o primeiro que se perde. No apartado dos músicos cómpre salientar o empeño por interpretar as melodías máis imposibles e inverosímiles, como os politóns pasados polo piano ou os audios das máquinas de marcianos, maxistralmente convertidas en pezas para frauta solista.

"Super Mario Bross"

Se hai un xenio absoluto da interpretación politónica, mecánica e especialmente simple das máquinas de marcianos do tipo Arcade, ese é o frautista estadounidense Greg Patillo. A súa peza sobre o videoxogo "Super Mario Bross" non só ten un envexable ritmo e fidelidade co orixinal, senón que tamén está dotada de alma e chea de nostalxia polos tempos en que os adolescentes perdían horas e moedas de cinco pesos nas salas de xogos. Eran os oitenta.

"Barrio Sésamo"

  Aquí tamén demostra Greg Patillo un amor desmesurado polo final da década dos setenta e o comezo da dos oitenta coa súa versión de Barrio Sésamo. O usuario pode activar o vídeo e deixarse levar pola música, mentres que pola súa mente irán desfilando as siluetas de Epi, de Blas, de Gustavo, do monstro das galletas ou, para os máis novos, tamén de Espinete.

"Superdetective en Hollywood"

  A melodía da popular comedia de 1984 protagonizada por Eddie Murphy ten tamén numerosas interpretacións. Entre elas aparece esta peza para piano que un tal "GovernorWatts" ofrece como alternativa á da serie do "Inspector Gadget", sen dúbida unha das máis populares e espalladas pola Rede. Todo un alarde de virtuosismo musical-televisivo.

"Inspector Gadget"

  De novo Greg Patillo demostra que non ten rival en dotar de alma e ritmo as músicas menos amables ao oído en primeira instancia. A súa interpretación á frauta do "Inspector Gadget" é digna de soar nas mellores salas de "acid jazz" do país.

"Tetris"

  Non hai peza mellor para demostrar que as máquinas de Arcade dos oitenta estaban repletas de romanticismo, aires eslavos e utopías adolescentes, ca a melodía do Tetris, o xogo xeométrico no que había que encaixar as pezas nun crebacabezas bidimensional a medida que ían caendo dende o alto da pantalla. En mans do intérprete do vídeo, que demostra unha gran mestría ao piano, esta peculiar melodía confúndese coas danzas húngaras de Franz Liszt, coas mazurcas de Chopín ou cos "scherzos" das sinfonías e concertos de Beethoven.

Cada mes un blog

"Blogs and Docs"": todo sobre o cinema documental

  A Elena Ortega Oroz e a M. Martí Freixas úneos a súa paixón polo cinema documental, que os dous roldan a trintena e que editan xuntos "Blogs and Docs", un interesantísimo blog con vocación de revista culta polo que pasa todo o que cómpre saber sobre os documentais, un xénero que actualmente está en auxe en España, en especial a raíz do labor realizado por diversas escolas especializadas en Barcelona. En "Blogs and Docs" inclúese información sobre todos os festivais, concursos, proxectos e novos realizadores do xénero documental. Tamén se anuncia a saída en distintos formatos (DVD, descarga, "flash") de todos os títulos de realizadores españois, e enlázase con blogs sobre documentais doutros países europeos. O contido do blog complétase con emisións en vídeo "flash" (o que se coñece como "Vlog" ou "videoblog") experimentais, e ofrécese nun paquete mensual que se ordena por vídeos, novidades e recensións e artigos de fondo, o que reforza a súa vocación de revista.

A páxina do mes

"Ahmed Zahid"

  Ahmed Zahid é coñecido como o "cronista da Maldivas", e non só pola beleza, a cor e a serenidade que transmiten as súas fotografías, senón tamén porque Zahid atopou en Flickr (a páxina para publicar e compartir fotos máis utilizada) o xeito de comunicar co mundo esta pechada sociedade islámica residente nun paraíso de milleiros de pequenas illas. Este fotógrafo profesional é unha das dúas persoas da Maldivas con permiso para ter conta en Flickr, e dende a súa páxina ofrece unha visión de paisaxes exuberantes, mares cristalinos e palmeiras de longos talos, pero tamén das tradicións, os problemas e os devezos dun dos colectivos humanos máis espallados, descoñecidos e illados do mundo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto